miniatura|350px|Poseidón de Artemisión O Poseidón de Artemision é unha estatua en bronce no denominado estilo severo grego Etapa de transición entre o período Arcaico e o Clasicismo pleno, durante a primeira metade do século V a.C. Tamén se denomina Clasicismo temperán. Outra grande obra deste mesmo momento é o Auriga de Delfos., datada c. 460 a.C. Neste momento, a escultura xa perdeu a frontalidade e o estatismo propios de épocas pasadas, pero a figura segue apoiándose en ámbolos pés, a pesar de que comeza a apuntarse o dinamismo.

Foi atopada no fondo do mar, en 1928, cerca do cabo Artemisio, ó norte da illa de Eubea, se ben un dos brazos xa fora atopado dous anos antes. Procede do afundimento dun barco no século I a.C. As circunstancias do achado impiden saber qué función puido ter ou o lugar ó que estaría destinada a escultura. Exponse no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.

Descrición miniatura|300px|esquerda Representa o deus Poseidón nu, en pé e en actitude de lanzar o tridente (que non se recuperou). A actitude pode asimilarse tamén á de Zeus lanzando o seu raio, polo que a escultura foi identificada cun ou outro deus "De controvertida identificación" (Martínez de la Torre, px. 167)., e recibiu o nome de "Deus do cabo Artemísion", pero existe un relevo romano onde se ve co tridente na man, o que descarta a confusión coa figura de Zeus Elvira Barba, px. 129.. A páxina web do Museo titula a obra como "Poseidón de Cabo Artemision" .

Tratase dunha escultura en vulto redondo, de estilo naturalista idealizado. Ten unha altura de 209 cm e un ancho máximo de 210 cm. Está realizada en bronce mediante a técnica da cera perdida, un método escultórico que permite obter a figura a partir dun molde elaborado con cera. Reflicte perfectamente a idea de mobilidade, para o que o deus precisa ter gran liberdade de movemento, iso esixe representalo nu (mentres que Zeus represéntase con capa ou túnica). Tamén a posición da man dereita, cos dedos abertos, parece apuntar a que sostén un tridente, mentres que un raio se representaría asido coa man pechada.

Presenta un gran realismo (na musculatura e na modelaxe do pelo e da barba), lonxe do xeometrismo arcaico. O estilo severo reflíctese na contraposición da tensión e esforzo do momento de lanzar o tridente, fronte á serenidade e sobriedade do rostro.

A autoría se atribuíu, sen seguridade, ó escultor Kalamis, un dos principais representantes do estilo severo. Non se conserva ningunha obra súa pero coñécense por copias ou por estar reproducidas en moedas .

No adro principal da sede das Nacións Unidas, en Nova York, exponse unha réplica desta escultura, doada polo goberno grego.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas Artehistoria.com Aula de Historia.org

Categoría:Escultura da Grecia antiga Categoría:Mitoloxía na arte