O Mercado de Tampere (en finés Tampereen kauppahalli) é o maior mercado dos países nórdicos. Abriu as súas portas en 1901 e está situado entre as rúas Hallituskatu e Hämeenkatu, no centro da cidade de Tampere (Finlandia).

Historia A cidade de Tampere decidiu construír un mercado como resultado dun mercado inchado e sen regularizar. O deseño do edificio correu a cargo do arquitecto Hjalmar Åberg. As obras de construción comezaron en 1894 e finalizaron en 1899. Foi inaugurado o 8 de xuño de 1901. A fianis da década de 1960 e principios dos anos 1970 o mercado experimentou un retroceso en canto á clientela pola aparición dos supermercados. En 1973 o goberno da provincia da Häme decidiu protexer o edificio.

Características miniatura|Interior do Mercado de Tampere. A superficie do mercado é de 2 100 m² e ten un volume de 18 500 m³.

Entre os seus elementos arquitectónicos salienta o seu gran ventanal arqueado da fachada. Precisamente no exterior do edificio na rúa Hallituskatu poden verse dous caduceos, un a cada lado da porta. O caduceo é un símbolo do comercio e se encontra presente no escudo de Tampere, así como nos doutras cidades finlandesas como Jyväskylä ou Kotka.

O mercado de Tampere conta con 174 puntos de venda e en 2013 operaban nel 39 empresas. O 40% dos negocios eran cafeterías e restaurantes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Keskustori

Ligazóns externas O Mercado de Tampere no sitio web de turismo da cidade Tampereen kauppahalli on Pohjoismaiden suurin, documental sobre o Mercado de Tampere na década de 1970 na Yle Fotos antigas do Mercado de Tampere

Categoría:Mercados Categoría:Edificacións de Tampere