A piastra da Indochina Francesa foi a unidade monetaria deste territorio de soberanía francesa no Sueste asiático desde 1885 ata 1952. Estaba dividida en 100 céntimos e cada un destes en 5 sapèques.

O termo "piastra", de orixe italiana, aplicábase inicialmente aos reais de oito españois do século XVI e, por extensión, tamén a outras moedas de prata de peso e tamaño similares de época máis recente."Piastra3". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7. Páxina 145.

Historia Con anterioridade da chegada dos Franceses a Indochina na segunda metade do século XIX, na rexión que constituía o actual Vietnam circulaban moedas similares ás utilizaban nas provincias chinesas, coñecidas como cash.Thierry, F. (1999). "Monnaies et circulation monétaire au Vietnam dans l'ère Tu' Ðú'c (1848-1883)". En Revue Numismatique. 154. Páxinas 267-315. Pola súa banda, na zona das actuais Camboxa e Laos utilizábanse senllas variantes propias do baht tailandés, coñecido tamén en occidente como "tical siamés"."Cambodia • Tical (1431-1880)". Numista.comDe Campos, J. (1941). "The origin of the tical ". En Journal of the Siam Society. Siam Heritage Trust. 33.2c. Páxinas 119-135.

Francia comezou o seu imperio en Indochina en 1862 na rexión da Cochinchina e estendeuse axiña ata abranguer Camboxa, que fora un Estado vasalo de Siam. En 1875, os franceses introduciron en Camboxa o franco camboxano (malia seren cuñadas en Bélxica entre 1875 e 1885, todas as moedas do franco camboxano amosan a data de 1860)."Cambodia • Franc (1860-1953)". Numista.com A metrópole estableceu tamén unha moeda subsidiaria en céntimos (cents) na Cochinchina cara ao final da década de 1870, aínda que esta moeda non era divisionaria do franco, senón do real de oito español e dos seus herdeiros (peso mexicano, peso filipino etc.), que se utilizaban adoito nas relacións comerciais en amplas zonas do Oriente, comunmente coñecidos como "piastra"."Coins from the French Cochinchina". Numista.com

En 1884, o imperio francés en Indochina continuou expandíndose ata incorporar Annam e Tonkín. O ano seguinte, en 1885, os franceses introduciron unha nova moeda de comercio, a piastra de comercio, de prata, así como outras moedas fraccionarias e subsidiarias desta en todas as colonias de Indochina, co fin de aumentar a estabilidade monetaria. Esta piastra equivalía no momento da súa creación ao peso español e ao mexicano, e tiña un peso de 27,2 gramos e un contido de 24,49 gramos de prata pura."A French Trade Dollar". En American Journal of Numismatics. American Numismatic and Archaeological Society. Vol. 20. Nº. 4. Abril de 1886. Páxina 87.

Durante os 11 primeiros anos do seu dominio colonial, Francia produciu na Monnaie de Paris millóns destas moedas mais, debido a que o seu contido en prata era lixeiramente superior ao dos pesos españois e mexicanos, a poboación local tendía a acaparar as piastras (efecto explicado pola Lei de Gresham). Por tal motivo, o 8 de xullo de 1895 decretouse que as novas piastras de comercio se cuñasen cun peso dous gramos inferior, o que lles permitiu manterse no mercado. Este descenso do peso repercutiuse tamén proporcionalmente no resto das moedas de prata divisionarias da piastra.Daniel, H. A. (1978). Páxina 31.

Pola mesma razón, en 1897 tamén a moeda de cobre con valor dun céntimo baixou dos 10 gramos iniciais aos 7,5 gramos, mediante un leve descenso do seu tamaño e o engadido dunha perforación central.

O gobernador da Indochina Francesa emitiu un decreto o 1 de xaneiro de 1906 polo que se lles retiraba a condición de moedas de curso legal aos pesos españois, mexicanos e filipinos, aínda que se mantería en circulación un gran número de porcións recortadas destas moedas en metades, cuartos e oitavos, que se usaban a modo de moeda fraccionaria.Daniel, H. A. (1978). Páxina 32.

A Indochina francesa foi un dos derradeiros lugares en abandonar o padrón prata. A súa piastra mantívoo inicialmente ata 1920, cando por mor do aumento do prezo da prata logo da primeira guerra mundial pasou a asociar o seu valor ao do franco francés, aínda que cunha taxa variable. No entanto, un ano despois retomouse o padrón prata e este mantívose ata 1930, cando a piastra se vinculou firmemente ao franco, cunha taxa de 1 piastra = 10 francos. Durante a invasión xaponesa da segunda guerra mundial, a piastra pasou a estar vinculada á moeda dese país, cunha taxa de 1 ien = 0,976 piastras, mais ao que acabou a contenda, en decembro de 1945 estableceuse unha nova taxa co franco francés, de 1 piastra = 17 francos.Bassino, J-P.; Nakagawa, H. (2000). "Exchange Rates and Exchange Rate Policies in Vietnam Under French Rule, 1878-1945". En Bassino, J-P. et al. (eds.). Quantitative economic history of Vietnam, 1900-19 90: an international workshop. Hitotsubashi University, Toquio. Páxinas 343-364. Este aumento (de 10 a 17 francos) deu lugar a enormes operacións financeiras de intercambio de piastras e francos, xa que o valor real das piastras se mantiña en torno aos 10 francos en Indochina; isto supuxo un importante atractivo para a delincuencia organizada e provocou o escándalo financeiro que se coñeceu como "Asunto das piastras" (Affaire des piastres)."L'affaire des piastres". Numista.com

En 1946 introduciuse o đồng en Vietnam do Norte, que substituíu a piastra á par nese territorio. En 1952 deuse a mesma situación co kip en Laos e en 1953 co riel en Camboxa e co đồng en Vietnam do Sur. Inicialmente, o papel moeda levaba unha dobre indicación do seu valor en piastras e nas moedas respectivas, aínda que as novas moedas xa levaron desde o principio as novas denominacións.

Moedas

Antes da II guerra mundial ImaxeFacialDatasAliaxeDiámetroGrosorPesoDescriciónAnversoReversoAnversoReverso79x79px79x79px2 sapèque "2 Sapèque". Numista.com1887 a

1902Cu20 mm0,8 mm2,0 gINDO-CHINE FRANÇAISE; data南安之法國大當二 ("Indochina Francesa. 2 sapéque")83x83px83x83px½ cent "½ Centime 1935-1940". Numista.com1935 a

1940Cu21 mm1,6 mm4,0 gGorro frixio; R FINDOCHINE FRANÇAISE; 1/2 CENT; data96x96px96x96px1 cent "1 Centime 1885-1894" e "1 Centime 1896-1906". Numista.com1885 a 1906Cu31 mm1,6 mm10,0 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; a Liberdade; dataINDO-CHINE FRANÇAISE; POIDS 10 Gr; 百 1 分 C 之 一; 1 C93x93px93x93px1896 a

1906Cu27,5 mm2,0 mm7,5 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; alegoría de Francia; dataINDO - CHINE FRANÇAISE;一百分之; data87x87px87x87px5 cents "5 Centimes thick planchet" e "5 Centimes thin planchet" . Numista.com1923 a

1939Cu-Ni24 mm1,6 mm

1,3 mm5,0 g

4,0 gRÉPUBLIQUE FRANÇAISE; Marianne laureadaINDOCHINE FRANÇAISE 5 CENT; data80x80px80x80px10 cents "10 centimes 1885-1895", "1895-1897", "1898-1919", "1920" e "1921-1937", . Numista.com1885 a

1937Ag19 mm1,1 mm

1,2 mm

1,3 mm3,0 g 2,7 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; a Liberdade; dataINDO-CHINE FRANÇAISE · 10 CENT. [lei e peso]90x90px91x91px20 cents "20 centimes 1885-1895", "1895-1897", "1898-1916", "1920", "1921-1937". Numista.com1885 a

1937Ag26 mm1,3 mm6,0 g 5,4 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; a Liberdade; dataINDO-CHINE FRANÇAISE · 20 CENT. [lei e peso]100x100px100x100px50 cents "50 centimes 1885-1895", "1896-1936" . Numista.com 1885 a

1936Ag29 mm2,0 mm13,6 g

13,5 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; a Liberdade; dataINDO-CHINE FRANÇAISE · 50 CENT. [lei e peso]115x115px116x116px1 piastra de comercio "1 Piastre 1885-1895" e "1 Piastre 1895-1928". Numista.com1885 a

1928Ag39 mm2,7 mm27,2 g 27,0 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; a Liberdade; dataINDO-CHINE FRANCAISE · PIASTRE DE COMMERCE [lei e peso]108x108px108x108px1 piastra "1 Piastre 1931". Numista.com1931Ag35 mm2,7 mm20,0 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; Marianne laureadaINDOCHINE FRANÇAISE; 1 PIASTRE; data

Durante a II guerra mundial ImaxeFacialDataAliaxeDiámetroGrosorPesoDescriciónAnversoReversoAnversoReverso77x77px77x77px¼ cent "¼ Centime 1941-1944". Numista.com1941

a

1944Zn20,0 mm1,6 mm2,4 gETAT FRANÇAIS

INDOCHINE; data¼ CENT.80x80px80x80px½ cent "½ Centime 1939-1949". Numista.com1939

a

1940Zn21,0 mm1,6 mm3,9 gR F; gorro frixioINDOCHINE FRANÇAISE

1/2 CENT; data93x93px93x93px1 cent "1 Centime 1940-1941" e "1943". Numista.com1940

a

1941Zn27,5 mm1,8 mm6,0 gREPUBLIQUE FRANÇAISE 1 CENT; gorro frixioINDOCHINE FRANÇAISE 1 CENT; data76x76px76x76px1943Al17,3 mm1,2 mm0,6 gETAT FRANÇAIS

19431 Cent; INDOCHINE78x78px79x79px5 cents "5 Centimes 1943". Numista.com1943Al20,5 mm1,1 mm0,7 gETAT FRANÇAIS

19435 Cent; INDOCHINE76x76px76x76px10 cents "10 Centimes 1939-1941". Numista.com1939 a

1941Cu-Ni18 mm1,5 mm3,0 gREPUBLIQUE FRANCAISE; Marianne; dataINDOCHINE FRANCAISE 10 CENT.; planta de arroz89x89px87x87px20 cents "20 Centimes 1939-1941". Numista.com1939

a

1941Cu-Ni24 mm1,7 mm7,0 gREPUBLIQUE FRANCAISE; Marianne; dataINDOCHINE FRANCAISE 20 CENT.; planta de arroz

Derradeiras emisións

ImaxeFacialDataAliaxeDiámetroGrosorPesoDescriciónAnversoReversoAnversoReverso78x78px78x78px5 cents "5 Centiems 1946". Numista.com1946Al18 mm2,5 mm0,7 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; data; MarianneINDOCHINE FRANCAISE 5 CENT.84x84px84x84px10 cents "10 Centimes 1945". Numista.com1945Al23 mm1,5 mm1,3 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; data; MarianneINDOCHINE FRANCAISE 10 CENT.92x92px92x92px20 cents "20 Centiems 1945". Numista.com1945Al27 mm1,3 mm2,2 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; data; MarianneINDOCHINE FRANCAISE 20 CENT.100x100px100x100px50 cents "50 centimes 1946". Numista.com1946Cu-Ni29 mm2,0 mm12,5 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; a Liberdade; dataINDO-CHINE FRANÇAISE; 50 CENT.; BRONZE DE NICKEL; valor108x108px108x108px1 piastre "1 Piastre 1946-1947". Numista.com1946 1947Cu-Ni35 mm2,5 mm18 gREPUBLIQUE FRANÇAISE; data; MarianneINDOCHINE FRANCAISE 1 PIASTRE

Billetes ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:French_Indochina_100_Piastres_face.jpg|miniatura|275x275px|Billete de 100 piastras de 1925."French Indochina. 100 piastres/Yuan". Banknote.ws ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:20_Piastres_1898_face.jpg|miniatura|275x275px|Billete de 1898 co valor de 20 piastras ou 20 dólares."French Indochina. 20 dollars/piastres/Yuan". Banknote.ws En 1892, o Banco de Indochina puxo en circulación billetes co valor facial dunha piastra e o ano seguinte completou a serie cos billetes de 5, 20 e 100 piastras. Entre 1920 e 1922, emitíronse tamén billetes de 10, 20 e 50 céntimos. En 1939 sumouse o valor máis alto, de 500 piastras. As emisións do Banco de Indochina continuaron con sucesivas series ata 1951, nas que se introduciron tamén billetes de 10 e de 50 piastras."Banque de l'Indochine (with branch)" e "Banque de l'Indochine (with branch). Banknote.ws

En 1939, o Goberno Xeral de Indochina (Gouvernement General de l'Indochine) emitiu billetes de 10, 20 e 50 céntimos, e nunha nova serie en 1942 sumouse a estes mesmos valores o billete de 5 céntimos."French Indochine". Banknote.ws

Finalmente, en 1953 pasou a facerse cargo da emisión de papel moeda o Institut d'Emission des Etats du Cambodge, du Laos et du Vietnam. Ese mesmo ano emitiuse un billete dunha piastra a nome dos tres Estados; Camboxa, Laos e Vietnam. Ademais en cada un deles emitíronse, entre 1953 e 1954, senllas series de billetes coa súa denominación dobre, en piastras e na súa respectiva nova moeda: o riel de Camboxa, o kip de Laos e o đồng de Vietnam."French Indochina. Institut d'Émission des États du Cambodge, du Laos et du Vietnam". Banknote.ws

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Indochina Francesa Dólar de comercio

Bibliografía Daniel, H. A. (1978). The Catalog and Guidebook of Southeast Asian Coins and Currency. Volume I: France. ISBN 0-931960-01-0 Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801–1991. 18ª ed. Krause Publications. ISBN 0873411501 Krause, C. L.; Mishler, C. (2003). Standard Catalog of World Coins: 1901–Present. 31ª ed. Krause Publications. ISBN 0873495934 Lecompte. J. (2000). Monnaies et Jetons des Colonies Françaises. ISBN 2-906602-16-7 Pick, Albert (1996). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues to 1960. 8ª ed. Krause Publications. ISBN 0-87341-469-1