Salizhan Shakirovich Sharipov, nado en Uzgen (oblast de Osh, Kirguizistán) o 24 de agosto de 1964, é un cosmonauta de Kirguizistán que participou nas misións Soiuz TMA-5 e STS-89 e foi membro da Expedición 10 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Sharipov graduouse na Escola de Pilotos da Forza Aérea en 1987, traballando posteriormente como instrutor. Graduouse en cartografía en 1994 na Universidade do Estado en Moscova.

Foi seleccionado como candidato a cosmonauta en 1990, pasando o adestramento de dous anos. Participou nas misións Soiuz TMA-5 e STS-89 e foi membro da Expedición 10 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 201,62 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-5 STS-89 Expedición 10 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas de Kirguizistán Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Kirguizistán