O Rally Safari é unha competición de rally disputada anualmente dende 1953 en Kenya, e nalgunhas edicións en países veciños como Uganda e Tanganica. Dende 1973 ata 2002, agás en 1995, foi puntuable para o Campionato do Mundo de Rally. Dende 2003, pertence ao calendario do Campionato Africano de Rally e as edicións de 2007 e 2009 foron parte do Desafío Intercontinental de Rally. O Safari atravesa diferentes puntos da xeografía africana. Nos seus inicios cruzou países como Kenya, Uganda e Tanzania, aínda que o percorrido variou moito co paso dos anos e a data de 2021 compítese unicamente por Kenya.

O Safari é unha proba atípica, distinta a todas as que se celebraron no campionato do mundo, un dos máis duros e cun formato que se asemella máis a un raid (incluso ao Rally Dakar) ca ao dun rally convencional. A inexistencia de treitos cronometrados, disputados en estradas abertas, a dureza das condicións climatolóxicas e a presenza de múltiples obstáculos como outros vehículos, animais e persoas, fan do Safari unha proba diferente. As características das súas pistas, varían en función de se chove ou non. Cando a chuvia fai acto de presenza, as estradas enlámanse, crece o risco de que se produzan subidas de ríos e o lodo, moi esvaradío, penetra nos coches e pégase aos elementos mecánicos provocando avarías. Pola contra, se non chove, o fino po en suspensión, as altas temperaturas e as continuas fochancas nas estradas, son os grandes inimigos dos pilotos.

A lonxitude e a dureza da proba provocaron que en moitas ocasións, piloto e copiloto se alternaran ao volante e mesmo, algúns equipos decidiron enviar dous pilotos para gañar en competitividade. Estas condicións fan do Safari unha proba única e mesmo coa homoxeneización imposta pola FIA en 1997, o Safari conservou o seu carácter e a súa dureza. Estas características convérteno xunto a Montecarlo e o Rally de Gran Bretaña, nunha das probas máis populares do Campionato do Mundo. miniatura|Toyota Celica GT-Four de Yoshio Fujimoto gañador da edición de 1995. Pódense apreciar os característicos reforzos, faros supletorios, tomas de aire. etc. Outro trazo distintivo da proba son os coches que participan nela. A dureza de seus tramos, fai que os equipos modifiquen substancialmente os seus vehículos, montando reforzos estruturais, reforzando os motores, chasis e suspensións, todo iso dándolles maior peso pero gañando en fiabilidade e resistencia. Outros elementos característicos son as tomas de aire elevadas, os faros de longo alcance, dous enganches para seren remolcados, en caso de tal necesidade, e uns pneumáticos reforzados. A loxística é tamén un punto importante a ter en conta polos equipos, que teñen que realizar custosos tests previos á carreira e dispoñer de maior número de pezas de reposto.

Historia miniatura|Peugeot 504 de Ove Andersson, vencedor da edición de 1975. miniatura|Peugeot 504 de Jean-Pierre Nicolas, vencedor da edición de 1978. Naceu como unha idea concibida entre Eric Cecil, responsable das competicións automobilísticas nas daquela colonias británicas do leste de África, e o seu curmán Neil Vincent, afeccionado ao deporte de motor. A primeira edición tivo lugar en 1953 e o pretexto do que se serviron foi a coroación da raíña Isabel II, que xunto a Ian Craigie levaron a cabo o primeiro Coronation Rally. Esa edición tivo o seu punto de partida e a meta en Nairobi, rodeaba o lago Vitoria, atravesaba Uganda e Tanzania e contaba cun itinerario de máis de 6.000 km.

Nos seus inicios a carreira constaba dunha saída e unha meta. O vencedor era o piloto que primeiro cruzase a liña de meta. Co paso do tempo e o feito de alcanzar popularidade pero sobre todo, gañar carácter internacional e o ser recoñecido pola FIA, fixo que o Safari sufrise grandes modificacións no seu percorrido: incluíronse unha serie de controis de paso, onde os participantes selaban o seu carné de ruta, e así en función do tempo investido en cada un obtíñase o vencedor. Con este sistema cada participante tiña un tempo para chegar a cada control pero as condicións da carreira impedían cumprir cos tempos, por iso todos os pilotos obtiñan penalizacións.

En 1986 incluíronse os primeiros tramos cronometrados e nos 90 a FIA obrigou a modificar o sistema de clasificación por puntos, aínda que en troques permitiu que a quilometraxe total, e incluso dos tramos, fose superior ao máximo permitido pola federación. Dos 5.000 km das primeiras décadas pasáronse aos 2.000, dos cales, a metade eran cronometrados, aínda que coa peculiaridade de que os tramos seguían sen pecharse ao tráfico e algúns alcanzaba o cento de quilómetros.

Durante os primeiros anos a proba foi couto privado para pilotos non locais. Ata 1972, cando a proba foi puntuable para o Campionato Internacional de Marcas, o piloto gañador non era africano, sendo polo tanto o finlandés Hannu Mikkola cun Ford Escort TC, o realizador de tal feito. Ata 1983 os pilotos africanos seguiron dominando a proba, exceptuando as vitorias de Waldegaard en 1977 e de Jean Pierre Nicolas en 1978. En 1985 e a bordo dun Toyota Celica TC, Juha Kankkunen logrou a fazaña de vencer na primeira participación, feito que ningún piloto lograra antes, xa que a experiencia era un punto fundamental para vencer na proba. Ademais dos pilotos locais, no Safari, moitos coches que conseguiron vitorias nas probas europeas do mundial, fracasaban estrepitosamente en terras africanas. O Porsche 911, o Alpine-Renault A110, o Lancia Stratos, o Fiat 131 Abarth, o Audi Quattro, o Lancia 037, o Peugeot 205 T16 ou o 206 WRC nunca conseguiron unha vitoria, e pola contra, coches como o Peugeot 404, o Peugeot 504, o Datsun 240 Z, o Datsun 160 J ou o Mitsubishi Colt lograron varias vitorias, mentres que en Europa xamais alcanzaron un podio.

En 2003 o Safari caeu do calendario mundialista, en parte pola homoxeneización imposta pola FIA e no seu lugar disputouse o Rally de Turquía. Dende entón a proba segue organizándose como data puntuable para o Campionato Africano e incluso en 2009 foi puntuable para o IRC.

Palmarés AnoEdiciónPilotoCopilotoVehículoSeries19531nd East African Safari RallyAlan DixJohnny LarsenVolkswagen Beetle 19542nd East African Safari RallyVic PrestonMarwahaVolkswagen Beetle 19553rd East African Safari RallyVic PrestonMarwahaFord Zephyr 19564th East African Safari RallyEric CecilTony VickersDKW 19575th East African Safari RallyGus HofmannArthur BurtonDKW 19586th East African Safari RallyArne Kopperud Morris Temple-BorehamKora Kopperud Mike ArmstrongFord Zephyr II (Lion class) Auto Union 1000 (Leopard class) 19597th East African Safari RallyBill FritschyJack EllisMercedes-Benz 190 19608th East African Safari RallyBill FritschyJack EllisMercedes-Benz 190 19619th East African Safari RallyJohn ManussisBill Coleridge David BeckettMercedes-Benz 220SE 196210th East African Safari RallyTommy FjastadBernhard SchmiderVolkswagen 1200 196311th East African Safari RallyNick NowickiPaddy CliffPeugeot 404 196412th East African Safari RallyPeter HughesBill YoungFord Cortina GT 196513th East African Safari RallyJoginder SinghJaswant SinghVolvo PV 544 196614th East African Safari RallyBert ShanklandChris RothwellPeugeot 404 196715th East African Safari RallyBert ShanklandChris RothwellPeugeot 404 196816th East African Safari RallyNick NowickiPaddy CliffPeugeot 404 196917th East African Safari RallyRobin HillyarJock AirdFord Taunus 20M RS 197018th East African Safari RallyEdgar HerrmannHans SchüllerDatsun 1600 SSSIMC197119th East African Safari RallyEdgar HerrmannHans SchüllerDatsun 240ZIMC197220th East African Safari RallyHannu MikkolaGunnar PalmFord Escort RS1600IMC197321st East African Safari RallyShekhar MehtaLofty DrewsDatsun 240ZWRC197422nd East African Safari RallyJoginder SinghDavid DoigMitsubishi Lancer 1600 GSRWRC197523rd Safari RallyOve AnderssonArne HertzPeugeot 504WRC197624th Safari RallyJoginder SinghDavid DoigMitsubishi Lancer 1600 GSRWRC197725th Safari RallyBjörn WaldegårdHans ThorszeliusFord Escort RS1800WRC197826th Safari RallyJean-Pierre NicolasJean-Claude LefèbvrePeugeot 504 V6 CoupéWRC197927th Safari RallyShekhar MehtaMike DoughtyDatsun 160JWRC198028th Safari RallyShekhar MehtaMike DoughtyDatsun 160JWRC198129th Safari RallyShekhar MehtaMike DoughtyNissan Violet GTWRC198230th Marlboro Safari RallyShekhar MehtaMike DoughtyNissan Violet GTWRC198331st Marlboro Safari RallyAri VatanenTerry HarrymanOpel Ascona 400WRC198432nd Marlboro Safari RallyBjörn WaldegårdHans ThorszeliusToyota Celica TCTWRC198533rd Marlboro Safari RallyJuha KankkunenFred GallagherToyota Celica TCTWRC198634th Marlboro Safari RallyBjörn WaldegårdFred GallagherToyota Celica TCTWRC198735th Marlboro Safari RallyHannu MikkolaArne HertzAudi 200 QuattroWRC198836th Marlboro Safari RallyMiki BiasionTiziano SivieroLancia Delta IntegraleWRC198937th Marlboro Safari RallyMiki BiasionTiziano SivieroLancia Delta IntegraleWRC199038th Marlboro Safari RallyBjörn WaldegårdFred GallagherToyota Celica GT-4 ST165WRC199139th Martini Safari RallyJuha KankkunenJuha PiironenLancia Delta Integrale 16VWRC199240th Martini Safari RallyCarlos SainzLuis MoyaToyota Celica Turbo 4WDWRC199341st Trustbank Safari RallyJuha KankkunenJuha PiironenToyota Celica Turbo 4WDWRC199442nd Trustbank Safari RallyIan DuncanDavid WilliamsonToyota Celica Turbo 4WDWRC199543rd Safari RallyYoshio FujimotoArne HertzToyota Celica Turbo 4WD2LWC199644th Safari RallyTommi MäkinenSeppo HarjanneMitsubishi Lancer Evolution IIIWRC199745th Safari RallyColin McRaeNicky GristSubaru Impreza WRCWRC199846th Safari RallyRichard BurnsRobert ReidMitsubishi Carisma GT Evo 4WRC199947th Safari RallyColin McRaeNicky GristFord Focus WRCWRC200048th Sameer Safari RallyRichard BurnsRobert ReidSubaru Impreza WRCWRC200149th Safari RallyTommi MäkinenRisto MannisenmäkiMitsubishi Lancer Evolution 6.5WRC200250th Inmarsat Safari RallyColin McRaeNicky GristFord Focus RS WRC 02WRC200351st KCB Safari RallyGlen EdmundsTitch PhillipsMitsubishi Lancer Evolution VIARC200452nd KCB Safari RallyCarl TundoTim JessopSubaru Impreza 555ARC200553rd KCB Safari RallyGlen EdmundsDes Page-MorrisMitsubishi Lancer Evolution VIIARC200654th KCB Safari RallyAzar AnwarGeorge MwangiMitsubishi Lancer Evolution VIARC200755th KCB Safari RallyConrad RautenbachPeter MarshSubaru Impreza WRX STI N10IRC, ARC200856th KCB Safari RallyLee RosePiers DaykinMitsubishi Lancer Evolution IXARC200957th KCB Safari RallyCarl TundoTim JessopMitsubishi Lancer Evolution IXIRC, ARC201058th KCB Safari RallyLee RosePiers DaykinMitsubishi Lancer Evolution IXARC201159th KCB Safari RallyCarl TundoTim JessopMitsubishi Lancer Evolution IXARC201260th KCB Safari RallyCarl TundoTim JessopMitsubishi Lancer Evolution IXARC201361st KCB Safari RallyBaldev ChagerRavi SoniMitsubishi Lancer Evo XARC201462nd KCB Safari RallyBaldev ChagerRavi SoniMitsubishi Lancer Evo XARC201563rd KCB Safari RallyJaspreet Singh ChattheGurdeep PanesarMitsubishi Lancer Evo X R4201664th KCB Safari RallyJaspreet Singh ChattheGurdeep PanesarMitsubishi Lancer Evo X R4201765th KCB Safari RallyLapio LaukkanenGavin LaurenceSubaru Impreza WRX STi 4 D R4ARC201866th KCB Safari RallyCarl TundoTim JessopMitsubishi Lancer Evo X R4ARC202673rd Safari RallyTakamoto KatsutaAaron JohnstonToyota GR Yaris Rally1WRCNotas: IMC = Campionato Internacional de Marcas WRC = World Rally Championship 2LWC = Copa Mundial de Rally de 2 Litros ARC = African Rally Championship IRC = Intercontinental Rally Challenge

Gañadores Os pilotos que gañaron máis veces o Rally Safari son Shekhar Mehta e Carl Tundo, con cinco vitorias cada un. Outros pilotos que venceron neste rally son Hannu Mikkola, Miki Biasion, Carlos Sainz, Juha Kankkunen, Tommi Mäkinen, Colin McRae e Richard Burns. #PilotoVitoriasAnos1Shekhar Mehta51973, 1979, 1980, 1981, 1982Carl Tundo52004, 2009, 2011, 2012, 20183Björn Waldegård41977, 1984, 1986, 19904Joginder Singh31965, 1974, 1976Juha Kankkunen31985, 1991, 1993Colin McRae31997, 1999, 2002

Construtores