Olayinka Koso-Thomas, nada en Abeokuta en 1937 é unha médica xinecóloga e activista social nixeriana.

Traxectoria Koso-Thomas naceu en Nixeria, mais adoptou Serra Leoa como lugar de residencia. Estudou medicina na Leeds Medical School en Inglaterra e un curso de posgraduado na Universidade de Berkeley.

Traballa en favor da abolición da mutilación xenital femenina ou ablación de clítoris, o que provocou que estea ameazada de morte por diversos grupos de fanáticos relixiosos. Membro de diferentes asociacións médicas, presidiu o Comité Interafricano sobre as Prácticas Tradicionais que afectan a saúde das mulleres e da infancia.

En 1998 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional xunto con Fatiha Boudiaf, Rigoberta Menchú, Fatana Ishaq Gailani, Somaly Mam, Emma Bonino e Graça Machel polo "seu traballo en defensa e pola dignidade da muller".

Recibiu o título de Doutora Honoris Causa pola UNAM.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fundación Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional 1998

Categoría:Nados en Nixeria Categoría:Nados en 1937 Categoría:Médicos de Nixeria Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Activistas de Nixeria Categoría:Premios Princesa de Asturias de Cooperación Internacional