'Guerino Bertocchi nado o 29 de outubro de 1907 e finado o 13 de abril de 1981 foi un mecánico e piloto italiano coñecido pola súa asociación de toda a vida con Maserati.

Bertocchi debutou como mecánico e copiloto xunto a Alfieri Maserati na Targa Florio de 1926. En 1947 ascendeu ao papel de mecánico xefe e piloto de probas do equipo Maserati de Fórmula 1, así como probador de coches de estrada como o 5000 GT. En 1957 pilotou o coche que lle deu a Juan Manuel Fangio o seu quinto e último título mundial. A única entrada na Fórmula Un de Bertocchi é o Gran Premio de España de 1954 como piloto de reserva. Bertocchi nunca volveu participar nunha carreira de Fórmula Un. Entre 1931 e 1963 competiu trece veces na Mille Miglia, unha na Targa Florio, unha nas 12 Horas de Pescara e unha nas 24 Horas de Le Mans.

Resultados completos

Ano Data Carreira Equipo Coche Compañeiro Resultado 1931 12 de abril Mille Miglia Giuseppe Tuffanelli Maserati 26C 1100 Giuseppe Tuffanelli 22º 1932 10 de abril Maserati 4CTR 1100 20º 1933 9 de abril Maserati 4CS 1100 Ret 1934 8 de abril Piero Taruffi 5º 1935 14 de abril Ettore Bianco 7º 1936 5 de abril Maserati 4CS 1500 Omobono Tenni 5º 1947 22 de xuño Maserati A6GCS Luigi Villoresi Ret1948 4 de abril Targa Florio Scuderia Ambrosiana 2 de maio Mille Miglia Alberto Ascari1953 26 de abril Emilio Giletti 6º 15 de agosto 12 Horas de Pescara Officine Alfieri Maserati Luigi Musso 1954 2 de maio Mille Miglia non Ret 1955 1 de maio Maserati non 1956 29 de abril Officine Alfieri Maserati Maserati 150S Jean Behra 20º 1957 12 de maio Maserati 300S Giorgio Scarlatti 4º 1963 16 de xuño 24 Horas de Le Mans Johnny Simon Maserati Tipo 151 André SimonLloyd Casner Ret

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas Guerino Bertocchi (I) - Complete Archive - Racing Sports Cars http://www.maserati-indy.co.uk/alfieri70.htm

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Pilotos da Mille Miglia Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Italia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati