O puelche é unha lingua morta falada outrora polo pobo puelche que habitaba na rexión de Río Negro, na Arxentina. O puelche foi considerado durante moito tempo como unha lingua illada. De acordo coa limitada evidencia, Viegas Barros (1992) suxeriu que o puelche podería estar relacionado coa lingua dos querandís, un dos pobos het, e Viegas Barros (2005) suxeriu que estaba realacionado coas lingua chon. Ademais, existe outra teoría que o relaciona coas linguas macro-xívaras. O puelche está clasificado como extinto polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Nome A lingua tamén é coñecida como gününa küne, gennaken (guenaken), tehuelche do norte, gününa yajich, ranquelche ou pampa.

Notas

Categoría:Linguas chon Categoría:Linguas da Arxentina Categoría:Linguas mortas de América do Sur