Na mitoloxía grega, Quíone foi a filla de Bóreas Aquilón na mitoloxía romana., o deus do vento do norte, considerado tamén o deus do inverno, porque traía os aires fríos do inverno, e Oritía. Era irmá de Cleopatra, Zetes, Calais e Hemo.
Tivo un fillo con Poseidón, Eumolpo, pero, por medo a que o soubese o pai, botou ó meniño ó mar. Poseidón puido salvalo e levouno a que o criase Bentesicime, unha filla que tivera con Anfitrite, a súa esposa.
Segundo Claudio Eliano, en Da natureza animal, tamén foi nai con Bóreas dos Hiperbóreos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega