The Final Fantasy Legend, coñecido no Xapón como Makai Toushi SaGa ( é un videoxogo de rol lanzado orixinalmente para a consola Game Boy en decembro de 1989 a través de Square. É o primeiro título da serie SaGa e o primeiro videoxogo de rol do sistema. Square traduciu o videoxogo ó inglés para a comercialización internacional e cambioulle o nome, relacionándoo coa serie Final Fantasy para mellorar as vendas. Sunsoft lanzouno de novo en América do Norte durante o ano 1998; Square fixo un remake exclusivo no Xapón para WonderSwan Color e teléfonos móbiles en 2002 e 2007 respectivamente, e posteriormente lanzou unha nova versión en todo o mundo para Nintendo Switch en 2020.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial da versión de Game Boy Páxina oficial da versión de WonderSwan Color Páxina oficial da versión móbil
Categoría:Videoxogos de 1989 Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos de Game Boy Categoría:Videoxogos de Android