Paul Claude Silva, nado o 31 de outubro de 1922 en San Diego, California, e finado o 12 de xuño de 2014 en Berkeley, California, foi un biólogo mariño e ficólogo estadounidense especializado na taxonomía das algas.

Traxectoria Silva completou o seu grao na Universidade do Sur de California, aínda que a súa educación foi interrompida pola segunda guerra mundial, na que serviu na Mariña estadounidense no USS Darby, participando na batalla do golfo de Leyte.

Asistiu á Universidade Stanford para o seu máster, estudando con Gilbert Morgan Smith, e á Universidade de California en Berkeley (UCB) para o seu doutoramento. Máis tarde Silva traballou como botánico de investigación e conservador de algas no herbario da UCB.Paul Claude Silva at The University and Jepson Herbarium

Silva foi un experto en nomenclatura botánica, e está considerado como o principal experto mundial no xénero Codium das clorófitas (algas verdes).

Foi un dos editores desde o oitavo ao décimo sexto Congreso Internacional de Botánica, congresos que establecen o Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas.

En 1958 foi elixido presidente da Phycological Society of America.

Abreviatura A abreviatura P.C.Silva emprégase pare recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía e botánica.

Notas

Véxase tamén Ligazón externa University of California, Berkeley. The University and Jepson Herbaria .

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ficólogos Categoría:Nados en San Diego Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Alumnos da Universidade de California do Sur Categoría:Alumnos da Universidade Stanford Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley