Asadur é unha parroquia do concello de Maceda. Segundo o IGE en 2011 tiña 123 habitantes (60 homes e 63 mulleres). Está situada nas abas do monte do Rodicio. Toponimia O topónimo Asadur procede do latín Saturius ou villa Saturii. Na Idade Media era o lugar era coñecido como Costa de Sadur. Hai constancia documental deste lugarDuro Peña, E. (1973): Archivos Leoneses, nº 54:309-365) dende o século X ata mediados do século XIV por fundarse un mosteiro de monxas bieitas.
Patrimonio Na igrexa parroquial consérvase unha pedra cunha inscrición en latín posiblemente do século III, usada como ara do altar maior ata a reforma do Concilio Vaticano II. O texto é unha dedicatoria ó cuestor romano Licinius, e di: Q. Licinio Veget. / res p. Int. / super alia con/plura merita / pares cum fisco/ rationes infati/gabili cura et / industria eius / consecuta ("A república dos Interamnenses fai esta dedicatoria a Quinto Licionio, especialmente a causa da súa infatigable preocupación e traballo por obter do Fisco xustiza nos tributos para aquela"). Patrick Le RouxLe Roux, P. (1996): "As ciudades da Gallaecia romana durante O alto Imperio", en Gerión, nº 14:363-379, Servicio de publicacións da Universidade Complutense de Madrid. afirma que esta inscrición "permite situar de modo case seguro o lugar central dos interamici". Patrick Le Roux situaría a civitas Interamicorum e o seu oppidum de nome descoñecido na aldea de Asadur.
No lateral oeste da igrexa (fachada exterior da sancristía) consérvase un baixorrelevo que Emilio Duro Peña (1973) cualificou de prerrománico e Elixio Rivas Quintas. e (1991): "Un bajorrelieve visigótico en Asadur con la escena del Calvario", en Porta da Aira nº 4, pp. 9-22. de visigótico. Na esquina superior dereita aparece unha breve inscrición en dobre liña: "IhS IN CRU/CE" ("Xesús na Cruz"). A carón da epístola, na capela da Virxe Dolorosa, hai un sarcófago onde está soterrado Pedro Vázquez de Castro, comisario do Santo Oficio e señor dos cotos de Outeiro do Cabo, Cas García e granxa da Chaira de Vascós. Na parede, debaixo do escudo, unha inscrición rota por unha ventá aberta con posterioridade di: "Esta capela (fundou e) dotou o Ldo. Pº Vázquez de Cas(tro comi)sario do sto. oficio e abade de Asad(ur an)o de 1656". No frontal do sepulcro aparece o texto: "Aquí está o corpo do comissario (Pedro) Vázquez fundador desta capela. Ano de 1656".
Lugares e parroquias Lugares de Asadur
Parroquias de Maceda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Maceda
Categoría:Parroquias de Maceda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña