O Centro Arqueolóxico do Barbanza é un centro de interpretación da Prehistoria da Península do Barbanza. Foi creado en 2002, e está situado no istmo de Punta Neixón, en Nine (Cespón, Boiro), a carón dos castros grande e pequeno de Neixón.
No seu interior, que está estruturado en tres andares, móstranse reproducións das principais evidencias das ocupacións prehistóricas que transformaron a paisaxe desde o Neolítico até a Idade de Ferro: unha vivenda castrexa, petróglifos e copias dalgúns dos restos atopados durante as escavacións. Tamén organiza conferencias, proxeccións e rotas arqueolóxicas, históricas, ambientais e etnográficas.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Museos da provincia da Coruña Categoría:Cultura castrexa Categoría:Boiro