Tove é un filme finlandés de 2020 dirixido por Zaida Bergroth. É un filme biográfico sobre a autora e ilustradora Tove Jansson, creadora dos Moomins. O filme tivo un orzamento de 3,4 millóns de euros, o que o converte no segundo filme finlandés máis caro, despois de Tuntematon sotilas (2017). Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse O filme céntrase nos primeiros anos de vida de Tove Jansson, desde a súa vida durante a guerra ata mediados da década de 1950, mostrando tanto as súas relacións persoais con personaxes como Vivica Bandler e Atos Wirtanen, como a creación dos Moomins e a popular serie de libros.
Personaxes Alma Pöysti como Tove Jansson Krista Kosonen como Vivica Bandler Shanti Roney como Atos Wirtanen Joanna Haartti como Tuulikki Pietilä Eeva Putro como Maya Vanni Jakob Öhrman como Sam Vanni Robert Enckell como Viktor 'Faffan' Jansson Kajsa Ernst como Signe 'Ham' Jansson Wilhelm Enckell como Lars Jansson
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Finlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Anthony Lane: Why Movies Love Kids’ Books en The New Yorker
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua finesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua sueca Categoría:Filmes de Finlandia Categoría:Filmes biográficos sobre escritores Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Finlandia Categoría:Filmes ambientados en Finlandia Categoría:Filmes ambientados en Helsinqui