David Lendoiro Perdomo, coñecido artisticamente como David Perdomo, nado na Coruña o 19 de decembro de 1979, é un actor, humorista e cantante de punk, rock e heavy metal galego.

Traxectoria Fillo dun galego e unha canaria de La Laguna, estudou no Colexio Peñarredonda da Coruña e durante a súa adolescencia cantou nunha banda de punk. Comezou no teatro no estudio Casahamlet da mesma cidade e foi alumno entre outros de Leo Bassi ou Churri Silva. Pouco despois iniciouse no mundo dos monólogos e gañou algún concurso da especialidade, ao tempo que comezou a aparecer na Televisión de Galicia. En 2008 realizou a súa primeira incursión no cine, cun pequeno papel en ¡Maldito bastardo!, de Javi Camino. Desde 2009 colaborou con Xosé Antonio Touriñán e Roberto Vilar no Land Rober.

En 2009 empezou a gravar e subir a YouTube xunto a Alberto Castaño varios vídeos interpretando o personaxe de "Koruño", co seu falár característico. O grande éxito acadado fixo que interpretase en tono humorístico a outras personaxes, dando paso ao proxecto Ecceperdomo. Nesa época cantaba ademais na banda ferrolá de grindcore Brainwash, da que formou parte durante varios anos, pasando logo a ser o vocalista de Señor Peligro, de estilo próximo ao hard rock.

Nos seguintes anos foi un habitual nos programas de humor da TVG, como Malo será! e apareceu en varias series da canle galega como Luci, Casa Manola ou Na Gloria. Traballou tamén no cine, en filmes como Jacinto, A mazá dourada, +Cuñados ou Rondallas.

Filmografía

Actor de televisión

2003: Avenida de América, serie televisiva (TVG) Personaxe episódico. 2004: Diario de un skin, (Director: Jacobo Rispa) Actor especialista en loita escénica. 2006: Zapping comando, espazo de humor (Faro Producciones). Actor secundario. 2007: Arredemo, cámaras ocultas (Productora CTV). 2008: ¡Maldito bastardo! Como Primeira vítima. 2009-2011: Land Rober, espazo televisivo de humor da TVG. (Productora CTV). 2011: No le digas a mama que trabajo en la tele, humor de Cuatro. (Productora Mandarina). 2013: Ilustres ignorantes. 1 episodio. 2014: Luci (TV serie). 1 episodio 2017: Casa Manola (serie TVG). 6 episodios. 2018: Contou Rosalía (TV movie). Como Zuma. Dirixida por Raúl Veiga. 2018: Los amigos - La pinícula. Como Leroy. 2019: Antes de perder (Serie de televisión). 1 episodio. 2021: La noche D, TVE. Colaboración. 2022: Sentimos las molestias (serie de televisión). 1 episodio. 2024: Na Gloria (serie de televisión). Como Waldo.

Actor de cinema 2008: ¡Maldito bastardo! (director: Javi Camino). Como primeira vítima. 2018: Los Amigos - La Pinícula (director: Omar Rabuñal). Como Leroy. 2021: Jacinto (director: Javi Camino). Como cliente da cantina. 2023: A mazá dourada (director: Jaime Chávarri). Como David. 2024: +Cuñados (director: Luis Avilés). Como Speedy. 2026: Rondallas (director: Daniel Sánchez Arévalo). Como Alex.

Actor en curtametraxes 2001: Alex y yo, dirixida por Pedro Santos Lacruz. 2005: Mártires, dirixida por Xosé Garrido. 2007: Auga, dirixida por Xosé Antón Ozo. 2006: Polo Amor de Deus, dirixida por Javier García Cea. Con outras tres curtas forman parte da longametraxe Historias dunha torre. 2010: Koruño, el legado de Hércules, dirixida por Daniel López. 2013: Canillejas. Como Ricardito de Verea.

Actor de teatro

2000 - 2006: Grupo de investigación de la Commedia dell’arte (Universidade de Pedagoxía do Teatro da Coruña. Grupo Estragón). 2002 - 2003: Animal vacío, de Xesús Pisón (Director: Manuel Lourenzo) (Cía. de teatro profesional Casa Hamlet). 2005 - 2006: ¿Están tolos estos romanos?, espectáculo infantil (Dirixido por Pablo Sánchez) (Cía. San y San). 2005 - 2008: Yogur DaZe, espectáculo satírico. 2006: The Gel Angels. 2015: En crudo. 2019: A mariscada dos idiotas, con David Amor e J.J. Vaquero.

Director/codirector

2005 - 2008: Yogur DaZe, espectáculo satírico (Gañador do Fórum Comedia 2005). 2006: The Gel Angels, espectáculo satírico. Codirector.

Guionista

2007: Arredemo, espazo de cámaras ocultas (Productora CTV). 2008: O país dos ananos, talk-show familiar (Productora CTV).

Premios

2004: Premio ao mellor imitador na Bienal de Teatro Cómico de Ourense. 2004: Gañador da II edición de monólogos “Pub d..antón”.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en somotribo, 2020

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1979 Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes