Robert Bushnell Ryan, nado en Chicago o 11 de novembro de 1909 e finado en Nova York o 11 de xullo de 1973, foi un actor de cinema estadounidense. Cun perfil moi característico e cun granítico rostro estriado, foi unha estrela nos anos corenta e cincuenta, de filmografía non extensa, mais si destacada.

Traxectoria Ryan naceu en Chicago, Illinois, fillo máis vello de Mable Arbutus (Bushnell), secretaria, e Timothy Aloysius Ryan, dunha familia rica que posuía unha empresa inmobiliaria. Comezou no cinema traballando para a Paramount nalgúns filmes sen acreditar, mais a fama chegoulle co malvado soldado de Encrucillada de odios dirixido por Edward Dmytryk en 1947.Robert Ryan, 'Crossfire' Hit, Gets Stardom in Boxing Film By Hedda Hopper. The Washington Post 1 de xullo de 1947: 17. Por esta actuación recibiu a súa única candidatura ao Óscar. Desta etapa destacou a súa interpretación nos filmes Trail Street, tamén de 1947, e dirixido por Ray Enright; The Woman on the Beach de Jean Renoir;Richard Jewel, 'RKO Film Grosses: 1931-1951', Historical Journal of Film Radio and Television, Vol 14 No 1, 1994 p41ROBERT RYAN GETS ROLE IN RKO FILM: Out of Marines, He Will CoStar With Joan Bennett for Studio in 'Desirable Woman' Special to THE NEW YORK TIMES 4 de xaneiro de 1946: 28. Berlín Express (1948) dirixido por Jacques Tourneur; Atrapados (1949) de Max Ophuls e o filme sobre o mundo do boxeo, O amaño (1949), dirixido por Robert Wise, en que o actor rememorou a súa época de boxeador, deporte que practicara na universidade e que foi un dos seus filmes favoritos.

Durante a década dos cincuenta traballou novamente con importantes directores e así realizou con Nicholas Ray o drama bélico Flying Leathernecks (onde tivo un duelo interpretativo con John Wayne), The Racket e A casa en sombras; con Fritz Lang trabalou en Clash by Night; con Anthony Mann no western The Naked Spur e no drama bélico sobre a guerra de Corea Men in War (1957); con Samuel Fuller traballou en House of Bamboo, e interpretou memorables malvados de novo nos filmes Bad Day at Black Rock dirixido por John Sturges e The Tall Men de Raoul Walsh.

Nos sesenta e setenta a súa aparición na panatlla grande reduciuse, limitándose a participar só en grandes producións: así, foi Xoán o Bautista en King of Kings dirixido polo seu coñecido Nicholas Ray, na adaptación da novela de Herman Melville Billy Budd, dirixida polo actor Peter Ustinov2 FILM FIRMS WIN CHAPLIN CASE: Roy Export and Lopert Get U. S. Injunction Barring 'Pirated' Showings By RICHARD NASON. The New York Times 24 de xullo de 1959: 14. ou en superproducións bélicas como The Longest Day, A batalla das Ardenas ou A batalla de Anzio. Tamén destacou no filme de Sam Peckinpah, Grupo salvaxe (1969).

Política Aínda que Ryan serviu no exército, pasou a compartir as ideas pacifistas da súa esposa Jessica, que era cuáquera.

A finais da década de 1940, cando o House Committee on Un-American Activities (HUAC) intensificou os seus ataques anticomunistas sobre Hollywood, uniuse ao Committee for the First Amendment ("Comité pola Primeira Emenda"). Durante os anos cincuenta, doou cartos e servizos a organizacións cívicas e relixiosas como American Civil Liberties Union, American Friends Service Committee e United World Federalists. En setembro de 1959, el e Steve Allen fundaron a sección de Hollywood de The Committee for a SANE Nuclear Policy.

A mediados da década de 1960, as actividades políticas de Ryan incluíron esforzos para loitar contra a discriminación racial. Participou na división cultural do comité de defensa de Martin Luther King Jr., e axudou a organizar Artists Help All Blacks, con Bill Cosby, Robert Culp e Sidney Poitier entre outros.

Ryan falou con frecuencia da dicotomía entre as súas crenzas persoais e as súas personaxes. Nunha emisión de Odds Against Tomorrow, apareceu perante a prensa para discutir "os problemas dun actor coma min interpretando a clase de personaxe que na vida real considera totalmente desprezable".Philip K. Scheuer, Los Angeles Times, 1 de outubro de 1959, B13. Foi un pacifista que protagonizou filmes de guerra, western e suspense violentos; opúxose ao McCarthyismo, mais apareceu no filme de propaganda anticomunista I Married a Communist como un malvado axente comunista. En filmes socialmente progresistas como Encrucillada de odios, Bad Day at Black Rock, Odds Against Tomorrow e Acción executiva, interpretou viláns con prexuízos ou conspiradores.

Vida persoal O 11 de marzo de 1939, casou con Jessica Cadwalader. Tiveron tres fillos: Timothy (n. 1946); Cheyney (n. 1948), investigador na Universidade de Oxford e profesor de filosofía e dereito na Universidade de Oregón e Lisa (n. 1951). Viviron no edificio Dakota entre a 72nd e Central Park West en Manhattan e posteriormente alugaron o apartamento a John Lennon e Yoko Ono.

No outono de 1951, abriu a progresista Oakwood School na patio traseiro de Jessica e Robert Ryan nos Ánxeles, fundada por un grupo de padres, creada e baseada os seus puntos de vista educativos e da infancia. Tres anos máis tarde, os pais, incluídos os Ryan, Sidney Harmon, Elizabeth Schappert, Wendy e Ross Cabeen, e Charles e Emilie Haas, compraron e construíron un colexio elemental en San Fernando Valley.

Robert e Jessica permaneceron casados ata a morte dela por cancro en 1972. Ryan morre de cancro de pulmón en Nova York o ano seguinte.

Filmografía AnoFilmePersonaxe1940 The Ghost Breakers Intern (sen acreditar)Queen of the MobJimGolden Gloves Pete WellsNorth West Mounted Police Constable Dumont The Texas Rangers Ride AgainEddie (sen acreditar)1943 BombardierJoe ConnorsThe Sky's the Limit Reginald FentonBehind the Rising Sun Lefty O'DoyleThe Iron Major Father Timothy 'Tim' DonovanGangway for Tomorrow Joe DunhamTender Comrade Chris Jones1944 Marine Raiders Capt. Dan Craig1947Trail Street AllenThe Woman on the BeachScott Encrucillada de odios Montgomery 1948 Berlín Express Robert LindleyReturn of the Bad Men Sundance KidO rapaz dos cabelos verdes Dr. Evans Act of Violence Joe Parkson1949AtrapadosSmith OhlrigO amaño StokerI Married a Communist Brad Collins1950 The Secret Fury David McleanBorn to Be BadNick1951 Hard, Fast and Beautiful Seabright Tennis Match Spectator (sen acreditar)Best of the Badmen Jeff ClantonFlying Leathernecks Capt. Carl 'Griff' GriffinThe Racket Nick ScanlonA casa en sombras Jim Wilson1952 Clash by Night Earl PfeifferBeware, My Lovely Howard WiltonHorizons West Dan Hammond1953 The Naked Spur Ben VandergroatCity Beneath the Sea Brad CarltonInferno Donald Whitley Carson III1954Alaska Seas Matt KellyAbout Mrs. Leslie George LeslieHer Twelve Men Joe Hargrave1955Bad Day at Black Rock Reno SmithHouse of Bamboo Jim BrecamEscape to Burma Sandy DawsonThe Tall Men Nathan Stark1956 The Proud Ones Marshal Cass SilverBack from Eternity Bill Lonagan1957 Men in War Tte. Benson1958 Lonelyhearts William ShrikeGod's Little Acre Ty Ty Walden1959 Day of the Outlaw Blaise StarrettOdds Against Tomorrow Earle Slater1960 Ice Palace Thor Storm1961 The Canadians Inspector William GannonKing of Kings Xoán o Bautista1962 The Longest Day Brig. Gen. James M. GavinBilly Budd John Claggart- Master at Arms1964World War One Narrador1965The Crooked Road Richard AshleyThe Dirty Game General BruceA batalla das Ardenas Gen. Grey1966 Os profesionais Ehrengard1967 The Busy Body Charley BarkerThe Dirty Dozen Col. Everett Dasher BreedHour of the Gun Ike Clanton Custer of the West Sgt. Patrick Mulligan1968 A Minute to Pray, a Second to Die New Mexico Gov. Lem CarterA batalla de Anzio General Carson 1969 Grupo salvaxe Deke Thornton Captain Nemo and the Underwater City Capitán Nemo1971 En nome da lei Marshall Sabbath Cotton Ryan The Love Machine Gregory 'Greg' Austin1972 ... and Hope to Die Charley Ellis1973 Lolly-Madonna XXX Pap GutshallThe Outfit MailerAcción executivaRobert Foster The Iceman Cometh Larry Slade

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Othman, Frederick C. "Hollywood Reporter". The Middlesboro Daily News. 23 de agosto de 1943. UP. "Robert Ryan Isn't Sure He Can Afford Stardom". The Milwaukee Journal. 19 de novembro de 1947. AP. "Robert Ryan: A Friend of the Underdog". The Pittsburgh Post-Gazette. 14 de setembro de 1948. "Robert Ryan's Advice to Would-Be Actors". The Deseret News. 10 de novembro de 1951. Finnigan, Joseph. "Actor Robert Ryan Set to Find His Relatives". The Palm Beach Post. 4 de xullo de 1961. Pack, Harvey. "Bob Ryan Shines on TV and Stage". The Toledo Blade. 23 de xuño de 1969. Otterburn-Hall, William. "Robert Ryan Recalls First Trip to Durango". The Saskatoon Star-Phoenix. 6 de xuño de 1970. Thomas, Bob. "Robert Ryan Fights Back After Tragic Two Years". The Milwaukee Journal. 25 de agosto de 1972. Jones, J.R. "The Actor's Letter: A Reminiscence by Film Noir Icon Robert Ryan" . The Chicago Reader. 29 de outubro de 2009. Dargis, Manohla. "Robert Ryan's Quiet Furies". The New York Times. 5 de agosto de 2011. Kennedy, Harold J. No Pickle, No Performance. An Irreverent Theatrical Excursion from Tallulah to Travolta. Nova York, Doubleday & Co., 1978 Ligazóns externas In Praise of Robert Ryan The L Magazine Robert Ryan Tribute

The Robert Ryan Centennial Photographs and literature on Robert Ryan

Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa