Juan Manuel Constenla Carbón, nado na Estrada o 24 de xuño de 1964, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.

Traxectoria miniatura|Papeleta do PP nas Eleccións xerais de España de novembro de 2019.

Enxeñeiro. Foi director da Escola Taller de Estrada. Foi presidente da xestora do PPdeG da Estrada e secretario xeral do PPdeG da Estrada. Concelleiro na Estrada, foi primeiro tenente alcalde. Nas eleccións xerais de abril de 2019 foi candidato número catro ao Congreso pola provincia de Pontevedra e nas de novembro do mesmo ano foi número cinco. Logo da renuncia da deputada María Ramallo e de Elena Suárez Sarmiento, que preferiu continuar como deputada do Parlamento de Galicia, foi deputado en 2021 mantendo o seu posto de concelleiro da Estrada."Juan Constenla será diputado en el Congreso pero mantendrá sus carteras locales" (23/1/2021). La Voz de Galicia .

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados "Juan Constenla, nº 4 del PP al Congreso, «ilusionado y con ganas de trabajar»" (24/3/2019). La Voz de Galicia .

Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP

Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1964