James Francis Reilly II, nado en Mesquite, Texas, o 18 de marzo de 1954, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-89, STS-104 e STS-117.

Traxectoria Reilly graduouse en xeociencias pola Universidade de Texas-Dallas en 1977 e é máster na mesma materia pola mesma universidade en 1987. Ten un doutoramento feito en 1995.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-89, STS-104 e STS-117 e pasando un total de 35,44 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-89 STS-104 STS-117

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Texas