A Franconia Media (en alemán Mittelfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.

Está situada na parte noroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, Alta Baviera, Alta Franconia, Baixa Franconia, Suabia e o Alto Palatinado.

A súa capital administrativa é Ansbach, pero a cidade máis poboada é Núremberg.

Escudo de armas O escudo de armas da Franconia Media mostra: O xadezado en branco e negro da familia Hohenzollern no cuadrante superior.Dinastía Hohenzollern As armas de Franconia no cuadrante inferior.Franconia Na metade dereita, a metade esquerda da Aguia Imperial Alemá (similar á da Confederación Xermánica).:File:Wappen Deutscher Bund.svg.

División da Franconia bávara O rei Lois I de Baviera dividiu a zona norte do deu reino, a Franconia bávara, en tres zonas: a Alta Franconia, a Franconia Media e a Baixa Franconia.

Divisións da Franconia Media A Franconia Media subdivídese en cinco cidades-distrito (Kreisfreiestadt) e sete distritos (Landkreise):

Cidades-distrito Ansbach Erlangen Fürth Núremberg Schwabach Distritos Ansbach Erlangen-Höchstadt Fürth Neustadt an der Aisch-Bad Windsheim Nürnberger Land Roth Weißenburg-Gunzenhausen

Xeografía Evolución da poboación AnoHabitantes1900815 8951910930 86819391 065 12219501 273 03019611 371 14419701 486 38919871 521 48420021 703 86920051 712 27520061 71262220081 714 45320101 71087620151 738 68620191 775 169

Ríos

Aisch Altmühl Aurach Bibert Fränkische Rezat Pegnitz Rednitz Regnitz Schwabach (Rednitz) Schwabach (Regnitz) Tauber Wörnitz Zenn

Lagos

Altmühlsee Großer Brombachsee Igelsbachsee Kleiner Brombachsee Rothsee

Montañas O Xura de Franconia (Fränkische Alb) é unha cordilleira que se estende ao longo do oeste da Franconia Media. A montaña máis alta é o Hesselberg con 689 m no suroeste da cordilleira. Ademais o Moritzberg, cerca de Núremberg.

Historia Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán: Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), en Baviera chamadas Kreise (singular: Kreis). Estas creáronse á maneira dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

Nos anos seguintes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito de Rezatkreis cambiou a Franconia Media.

Economía O oeste da Franconia Media é sobre todo rural. A industria concéntrase no leste da rexión e principalmente en Núremberg, Fürth, Erlangen e Schwabach. Segundo o PIB, a Franconia Media é unha das rexións máis ricas da Unión Europea, co índice de 137,2 (en 2004). (EU27: 100, Alemaña: 115,8).

Principais industrias

Adidas Apollo-Optik Areva AEG Hausgeräte Bosch Bruder Spielwaren DATEV eG Diehl Stiftung dialo.de Faber-Castell Frankenpilger Geobra Brandstätter GmbH & Co. KG (Playmobil) GfK HOB Schaeffler Gruppe KarstadtQuelle AG KarstadtQuelle Versicherungen Leoni AG Loos International MAN AG Nestlé Schöller Novartis Nürnberger Versicherungsgruppe Oechsler AG Prinovis PUMA Schafft (Bifi) Schanzenbräu Schwan-Stabilo Sielaff Siemens AG Simba-Dickie-BIG Staedtler Uvex Wilisch & Sohn GmbH Triumph-Adler

Transporte Tráfico aéreo Aeroporto de Núremberg, conexións internacionais

Ferrocarril Núremberg–Treuchtlingen–Augsburgo Núremberg–Bamberg (continúa cara a Lichtenfels, Leipzig e Berlín) Núremberg–Ansbach–Crailsheim (continúa cara a Stuttgart) Núremberg–Pegnitz (continúa cara a Bayreuth e Cheb) Núremberg–Ratisbona (continúa cara a Passau e Viena) Núremberg–Schwandorf (continúa cara a Furth im Wald e Praga) Núremberg–Würzburg (continúa cara a Frankfurt) Núremberg–Ingolstadt–Múnic (ICE)

Autoestradas A3 (Fráncfort del Meno)–Wurzburgo–Núremberg−(Passau–Viena) A6 (Heilbronn)–Ansbach–Núremberg–(Amberg–Waidhaus–Pilsen) A7 (Hamburgo–Wurzburgo)–Rothenburg ob der Tauber–(Ulm–Füssen) A9 (Berlín)–Núremberg–(Múnic) A73 Núremberg–Fürth–Erlangen–(Bamberg–Coburg–Erfurt)

Vías fluviais O canal Meno-Danubio atravesa Bamberg, Erlangen, Fürth, Núremberg até Kelheim e desemboca aí no Danubio. Forma parte da vía fluvial directa que vai desde o mar do Norte até o mar Negro.

Irmandamentos A Franconia Media está irmandada coa rexión francesa do Lemosín (departamentos de Alto Vienne, Corrèze e Creuse) e un cunha provincia (voivodato) polaca, Cuiavia-Pomerania (Województwo kujawsko-pomorskie).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0. Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3. Ralf Nestmeyer ( 2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.

Outros artigos Franconia Alta Baviera Alta Franconia Palatinado renano Baixa Franconia Baixa Baviera Suabia

Ligazóns externas Goberno da Franconia Media Bayerische Landeszentrale für politische Bildungsarbeit

Categoría:Rexións de Baviera