miniatura|170px|Voyager 1, aínda en actividade fóra do Sistema Solar, 43 anos despois do seu lanzamento. miniatura|450px|Diagrama das misións do Sistema Solar. Unha sonda espacial é unha nave espacial non tripulada, utilizada para a exploración remota doutros planetas, satélites, asteroides ou cometas. Normalmente as sondas teñen recursos de telemetría, que permiten estudar á distancia as súas características físico-químicas, tirar fotografías e por veces tamén o seu medio natural. Algunhas sondas, como Landers ou Rovers, pousan na superficie dos astros celestes, para estudos da súa xeoloxía e do seu clima. As primeiras sondas para estudar outros astros lanzáronse a finais da década de 1950 pola Unión Soviética e os Estados Unidos, no inicio da exploración espacial, e axudaron moito a desvelar os misterios do Universo. En anos posteriores, a Axencia Espacial Europea, o Xapón, a República Popular da China e a India tamén lanzaron as súas sondas.Sondas espaciais

Tipos de sondas Sobrevoo (flyby): sonda que pasa próxima a un astro e o analiza cos seus instrumentos. Orbitador (orbiter): sonda que entra en órbita dun astro, pasando a funcionar como un satélite artificial do mesmo. Impacto: sonda que colide contra un astro, facendo análises durante a aproximación ou a colisión.Korolev, o criador das grandes naves espaciais Aterradora (lander): sonda que pousa nun astro analizándoo in loco, moitas veces levando consigo unha sonda vehicular. Veicular (rover): sonda con capacidade de locomoción para analizar unha área maior dun astro. Observatorio: sonda con capacidade telescópica, que pode actuar nunha ou máis faixas do espectro electromagnético, para efectuar observacións astronómicas, xeofísicas e espectrais, sen as distorsións provocadas pola atmosfera terrestre.

Traxectorias interplanetarias Unha vez unha sonda abandonou a veciñanza da Terra, a súa traxectoria probablemente tome unha órbita arredor do Sol semellante á da Terra. Para chegar a outro planeta, o método máis simple é unha órbita de transferencia de Hohmann. Técnicas máis complexas, como a asistencia gravitacional poden ser máis eficientes para o combustible, aínda que poden requirir que a sonda pase máis tempo de viaxe. Unha técnica que emprega moi pouca propulsión, aínda que require unha cantidade de tempo considerable, é seguir unha traxectoria na Interplanetary Transport Network.

Notas

Véxase tamán

Bibliografía Deep Space: The NASA Mission Reports. edited by Robert Godwin (2005). Ligazóns externas Páxina da NASA sobre a exploración do sistema solar Sondas Espaciais JPL – What Is a Space Probe? (2010)

Categoría:Astronáutica