Para outros usos da palabra, véxase a páxina de homónimos Pula

Pula é a unidade monetaria oficial da República de Botswana desde 1976, dividido en 100 thebe.

O seu código ISO 4217 é BWP e o seu símbolo monetario é P."World Currency Symbols". Xe.com"Códigos de divisas por países". Iban.com

Denominación "Pula" é unha palabra do idioma setswana que significa, literalmente, "choiva". O feito de recorrer a este termo para designar a moeda débese a que a choiva é un ben moi escaso en Botswana e, xa que logo, é moi valiosa."History of Botswana Currency". Bank of Botswana."Pula currency". FactRepublic.com A palabra "pula" é tamén o lema nacional do país."Botswana Flag". Know Botswana.

Tanto esta denominación como a da súa moeda divisionaria, o thebe (que significa "escudo"), foron escollidas mediante consulta popluar.

Historia Cando Botswana acadou a súa independencia en 1966 adoptou como moeda o rand surafricano, dado que o novo Estado formaba parte da Área Monetaria Rand (RMA). No entanto, o 6 de setembro de 1974 adoptouse a decisión de abandonar a RMA, o que requiría a adopción dunha nova moeda, que entrou en circulación o 23 de agosto de 1976, que a partir de entón pasou a celebrarse como Pula Day ("día do pula" e "día da choiva").

Os primeiros billetes foron impresos pola compañía británica Thomas de la Rue e as primeiras moedas foron cuñadas pola Royal Mint, de Londres. A nova moeda cambiábase á par co rand surafricano e inicialmente estableceuse un prazo de 100 días para completar o proceso de substitución.

Moedas En 1976 puxéronse en circulación por primeira vez as moedas divisionarias cos valores de 1, 5, 10, 25 e 50 thebe, así como a de 1 pula; a primeira delas de aluminio, a de 5 thebe de bronce e as restantes de cuproníquel. Todas elas eran de forma redonda, agás a de 1 pula, que era festonada con 12 lóbulos. En 1981 completouse a serie circulante cunha moeda de bronce de 2 thebe, de forma dodecagonal, conmemorativa do Día Mundial da Alimentación da FAO, emisión que se repetiu en 1985."Botswana. Pula (1976-date)". Numista.com

En 1991 actualizouse o deseño das moedas de 5 thebe (aceiro bañado en bronce), das de 10, 25 e 50 thebe (agora de aceiro bañado en níquel), e tamén da de 1 pula, que pasou a ser máis pequena, de aliaxe de níquel-latón e de forma equilátera con sete caras curvadas. En 1994 engadíuselle a esta segunda serie o valor de 2 pula, de níquel-latón e cunha forma similar, e en 2004 cambiou a súa composición polo aceiro revestido de latón, e cun tamaño lixeiramente máis pequeno.

Logo da retirada da circulación das moedas de 1 e de 2 thebe en 1991 e en 1998, respectivamente, introducíronse unhas moedas novas de 5, 10, 25 e 50 thebe: as de 5 e de 25 thebe con sete caras e as de 10 e 50 thebe de forma redonda. En 2000 engadiuse á serie unha moeda bimetálica de 5 pula, cun núcleo de cuproníquel e un aro exterior de aluminio-níquel-bronce.

Finalmente, en 2013 entrou en circulación unha nova serie completa de moedas e todas as que ata ese momento estaban en circulación foron desmonetizadas o 28 de agosto de 2014, aínda que continuaron a poder cambiarse polas novas durante cinco anos, ata o 28 de agosto de 2019."New Family of Coin". Bank of Botswana. +Moedas en circulaciónImaxeValorDatasMetalDiámetroPesoGrosorCantoAnversoReverso 5 thebe "5 Thebe". Numista.com2013Aceiro bañado en níquel.18 mm (heptagonal)2,218 g1,3 mmLisoEscudo de BotswanaBucerótido. 10 thebe "10 Thebe". Numista.com2013Aceiro bañado en níquel.20 mm2,8 g1,4 mmEstriadoOryx gazella. 25 thebe "25 Thebe". Numista.com2013Aceiro bañado en níquel.22 mm (heptagonal)4,2 g1,6 mmLisoCebú. 50 thebe "50 Thebe". Numista.com2013Aceiro bañado en níquel.24 mm5,3 g1,8 mmEstriadoHaliaeetus vocifer. 1 pula "1 Pula". Numista.com2013 a

2016Aceiro bañado en bronce.26 mm7,8 gLisoCebra. 2 pula "2 Pula". Numista.com2013 a

2016Núcleo: aceiro bañado en bronce. Aro: aceiro bañado en níquel.27 mm7,3 g2 mmEstriadoRinoceronte. 5 pula "5 pula". Numista.com2013 a

2016Núcleo: cuproníquel. Aro: latón.28 mm8,7 g2,2 mmSegmentadoGonimbrasia belina.

Billetes O 23 de agosto de 1976, o Banco de Botswana puxo en circulación billetes cos valores de 1, 2, 5 e 10 pula, e o 16 de febreiro de 1978 o de 20 pula. Os de 1 e de 2 pula foron substituídos por moedas en 1991 e en 1994. O 29 de maio de 1990 introduciuse o billete de 50 e o 23 de agosto de 1993 o de 100 pula. O de 5 pula foi substituído por unha moeda do mesmo valor en 2000. Os billetes de 1, 2 e 5 pula da primeira serie foron desmonetizados o 1 de xullo de 2011."Botswana". Banknote.ws

A serie en circulación foi introducida o 23 de agosto de 2009 e inclúe por primeira vez un billete de 200 pula."Botswana new note family (B124a – B128a) confirmed". BanknoteNews.com"Botswana new date (2014) 200-pula note (B128d) confirmed". BanknoteNews.com Do mesmo xeito que os billetes emitidos anteriormente, os billetes foron impresos no Reino Unido pola compañía Thomas de la Rue.

Como consecuencia da deficiente calidade dos billetes de 10 pula, o Bank of Botswana anunciou en novembro de 2017 a creación dun novo billete feito en polímero, e este foi posto en circulación o 1 de febreiro de 2018."Botswana new 10-pula polymer note (B129a) confirmed". BanknoteNews.com"Khama Launches New Bank Notes". MMegi Online."10 Pula 2018". Banknote.ws +Billetes en circulación (emisión de 2009)ImaxeValorTamaño (cm)AnversoReversoAnversoReverso10 pula "10 Pula". Banknote.ws132 x 66Presidente Ian KhamaEdificio do parlamento, Gaborone.20 pula "20 Pula". Banknote.ws138 x 69Kgalemang Tumediso MotseteEquipamento mineiro.50 pula "50 Pula". Banknote.ws144 x 72Presidente Seretse Khama.Pantanos do delta do Okavango.100 pula "100 Pula". Banknote.ws150 x 75Tres xefes (Sebele I, Bathoen I, Khama III)Minaría do diamante.200 pula "200 Pula". Banknote.ws156 x 78Profesora e alumnos.Cebras.

Uso en Zimbabwe Por mor da hiperinflación en Zimbabwe a partir de 2006, o Goberno de Botswana permitiu a circulación de moeda estranxeira no seu territorio a partir de setembro de 2008. O dólar de Zimbabwe declarouse obsoleto o 12 de abril de 2009 e varias divisas, entre elas o rand surafricano e o pula de Botswana, circularon en Zimbabwe, xunto cos billetes e as moedas bono cimbabuenses.Judias Peter Sai (2014). "The Benefits of the Multi-Currency System to Micro, Small and Medium Enterprises (MSMEs) in Zimbabwe". En International Journal of Management Sciences. Research Academy of Social Sciences. Vol. 4(5). Páxinas 231-240.

Porén, en setembro de 2019 o Goberno de Zimbabwe anunciou que o pula de Botswana e o resto das divisas estranxeiras deixaban de ter curso legal no país, que adoptaba novamente o dólar cimbabuense como única moeda ofical, en forma de bonos, coñecido tamén como dólar RTGS."Zimbabwe declares interim RTGS dollar its sole legal currency". Reuters. 12 de setembro de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9

Outros artigos Economía de Botswana

Categoría:Moedas de Botswana Categoría:Moedas de Zimbabwe Categoría:Símbolos de Botswana Categoría:ISO 4217