Richard Wayne "Dick" Van Dyke, nado en West Plains, Missouri, o 13 de decembro de 1925, é un actor de cinema e televisión estadounidense. É recordado polas súas actuacións nos filmes Mary Poppins e Chitty Chitty Bang Bang, e nos programas de televisión The Dick Van Dyke Show (na década de 1960) e Diagnosis: Murder (na década de 1990).
Traxectoria Nado en West Plains (Missouri) Dick Van Dyke creceu en Danville (Illinois). Os seus pais foron o vendedor Loren Wayne Van Dyke (1902-1975) e a estenógrafa Hazel Vorice (de solteira, Hazel McCord) (1896-1992). Era o irmán máis vello do actor Jerry Van Dyke (1931–2018), coñecido polo seu papel na serie Coach. A familia descende de John Alden, pasaxeiro do Mayflower.
A partir de 1931 foi á escola primaria en Danville. Os Van Dyke mudáronse a Crawfordsville, Indiana, durante dous anos e cando regresaron foi á escola secundaria Danville. Entre os seus compañeiros estaban Donald O'Connor e Bobby Short, que tamén tiveron carreiras de éxito como artistas, e un dos seus amigos íntimos era primo de Gene Hackman, que tamén vivía en Danville neses anos. Cando era neno, animouse a entrar no mundo do espectáculo vendo os filmes de Laurel e Hardy.
Comezou a actuar na radio e apareceu tamén en televisións locais. Lanzouse, entón, a comedias musicais grazas ás cales logrou o éxito en Broadway, incluíndo un Tony en 1961. A principios dos anos 60, rodou o seu primeiro filme, Bye Bye Birdie, xunto a Janet Leigh e Ann-Margret. Despois deste éxito, protagonizou Mary Poppins da Disney.
Foi entón cando creou a súa propia serie de televisión, a comedia de situación The Dick Van Dyke Show. Gañou o premio Emmy en tres ocasións entre 1963 e 1965. En 1977, recibiu un cuarto Emmy por Van Dyke and Company. Tamén apareceu en varios filmes e series de televisión, como Colombo, Matlock e The Roads of Paradise.
Un día, fixo unha aparición en The Law is the Law no papel dun médico, o doutor Mark Sloan, acusado inxustamente de asasinato. Desta personaxe naceu a serie Diagnosis: Murder, en que interpretou dito doutor. Durou oito temporadas ata 2002, cando decidiu rematala.
A partir de entón, Van Dyke fíxose menos presente, a pesar de aparecer en Night at the Museum (2006). En 2018, interpretou a Mr. Dawes Jr. en Mary Poppins Returns. Previamente interpretara a Mr. Dawes, Sr. (pai de Mr. Dawes, Jr.) no filme orixinal.
Vida persoal En 1948 casou con Margerie Willet coa que tivo 4 fillos: Christian, Barry, Stacy e Carrie. Divorciáronse en 1984.
Van Dyke viviu coa súa parella Michelle Triola Marvin durante máis de trinta anos, ata a morte dela en 2009. Con 86 anos volveu casar o 29 de febreiro de 2012 cunha maquilladora de 40 anos, Arlène Silver.
O seu fillo Barry Van Dyke tamén foi coñecido na pequena pantalla por interpretar o papel de Saint-John Hawke na serie Supercopter e de Dillon "Boxey" na serie Galactica 1980 .
Filmografía Bye Bye Birdie (1963) What a Way to Go!! (1964) Mary Poppins (1964) The Art of Love (1965) Lt. Robin Crusoe, U.S.N. (1966) Divorce American Style (1967) Fitzwilly (1967) Never a Dull Moment (1968) Chitty Chitty Bang Bang (1968) Some Kind of a Nut (1969) The Comic (1969) Cold Turkey (1971) Tubby the Tuba (1976, voz) The Runner Stumbles (1979) Dick Tracy (1990) Batman: New Times (2005, voz) Curious George (2006, voz) Night at the Museum (2006) Broadway: Beyond the Golden Age (2007, documental) Night at the Museum: Secret of the Tomb (2014) Alexander and the Terrible, Horrible, No Good, Very Bad Day (2014)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio de fans de Dick Van Dyke Perfil de Disney Legends
Dick Van Dyke talks about his career for the Archive of American Television Arts and Sciences (requires Flash)
Categoría:Nados en Missouri Categoría:Nados en 1925 Categoría:Cantantes de Missouri Categoría:Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Missouri Categoría:Estadounidenses de ascendencia escocesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Paseo da Fama de Hollywood