Daniel Varela Muñíz, nado en Ribadumia en 1907 e finado no mesmo concello o 28 de marzo de 1937, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Comerciante en Ribadumia, tiña un pequeno comercio de comestibles e paquetería nunha casa illada na estrada de Noalla a Caldas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado na súa casa o 28 de marzo de 1937 entre as doce e as doce e media da noite.El Diario de Pontevedra, 2-4-1937, p. 2. O 13 de xuño foron detidos Manuel García Sampayo e Adolfo Martínez Ríos, acusados do seu asasinato.El Diario de Pontevedra, 21-6-1937, p. 3.Hoja oficial del Lunes, 21-6-1937, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Seique

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadumia

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1937