Viktor Patsaiev, nado en Aktobe (Kazakhstán) o 19 de xuño de 1933 e finado o 30 de xuño de 1971, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 11, na que perdeu a vida.

Traxectoria Patsaiev formou parte da misión Soiuz 11, a primeira tripulación en acoplarse e vivir nunha estación espacial, a Saliut 1. Ao regreso a cápsula Soiuz na que volvían os tres integrantes da misión despresurizouse, matándoos en minutos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 11 Saliut 1

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Nados en Kazakhstán Categoría:Finados na exploración espacial