miniatura|Ellen Gleditsch, fotografía de gradación Ellen Gleditsch, nada o 29 de decembro de 1879 en Mandal (Noruega) e finada o 5 de xuño de 1968 en Oslo, química e a segunda muller profesora universitaria de Noruega. Empezou a súa carreira como axudante de Marie Curie, e chegou a ser unha pioneira da radioquímica establecendo o período de semidesintegración do radio e axudando a demostrar a existencia de isótopos.'Ellen Gleditsch' Encyclopedia of World Biography. Reprinted online at bookrags.com.
Traxectoria Ellen Gleditsch traballou como axudante de farmacia capacitándose cara a un grao non académico en química e farmacoloxía en 1902. En 1905 co soporte do seu mentor Eyvind Bødtker, pasou o exame de entrada universitario, pero escolleu estudar en París.
Despois de empezar a súa carreira en farmacia, empezou a estudar radioactividade na Sorbona e traballou no laboratorio de Marie Curie de 1907 a 1912. No laboratorio de Curie, Ellen aplicou unha técnica chamada cristalizacións fraccionarias, coa cal lograba purificar radio. O traballo, era altamente especializado e poucos o podían completar. Pasou cinco anos de análises con Curie e regresou mesmo despois de deixar o laboratorio para supervisar experimentos. En 1911, recibe unha "Licenciatura en grao de ciencias" pola Sorbona e outorgáronlle un posto de ensino universitario en Oslo. Despois de traballar un ano, gañou a primeira bolsa nunca antes dada a unha muller da Asociación escandinava-estadounidense para estudar nos Estados Unidos de América, pero foi rexeitada polos centros nos que solicitou admisión.
Viaxou de todos os xeitos, e foi capaz de traballar no Laboratorio de Bertram Boltwood en Yale Universidade, onde determinou o período de semidesintegración do radio, creando unha medida estándar que se utiliza desde hai moitos anos. O científico que inicialmente rexeitara a súa entrada en Yale, foi coautor de dous artigos con ela e en xuño de 1914, o Smith College outorgoulle un doutoramento honorario polo seu traballo. Entre 1913 a 1914, regresou á Universidade de Oslo e converteuse na segunda muller en ser elixida na Academia de Ciencia de Oslo en 1917. Durante os anos 1920, Ellen fixo varias viaxes a Francia para asistir a Curie, así como unha viaxe a Cornualla para investigar unha mina localizada alí.
En 1919, cofundou a Asociación Académica de Mulleres Norueguesas, para centrarse no desenvolvemento de ciencia e as condicións en que as científicas traballaban. Tamén cría que era posible a cooperación de científicos sobre a paz. Serviu de presidenta desa organización de 1924 a 1928. Uniuse, en 1920, á Federación Internacional de Mulleres Universitarias, servindo como a súa presidenta de 1926 a 1929, traballando para proporcionar bolsas para que as mulleres estudaran no estranxeiro. En 1929, fai unha viaxe aos Estados Unidos, de Nova York a California coa intención de promover bolsas para mulleres.
Tras o seu nomeamento como profesora en Oslo en 1929, que causou controversias, empezou cun grupo o estudo da radioactividade exitosamente. Durante os anos 1930, continuou producindo artigos en inglés, francés, alemán e noruegués. Tamén colaborou cunha serie de programas de radio para promover e popularizar o estudo científico. Na década de 1930 dirixiu un laboratorio de radioquímica en Noruega, o cal era utilizado como un laboratorio subterráneo polos científicos que fuxían do réxime Nazi. Cando Noruega estivo ocupada durante a guerra, escondeu científicos e continuou utilizando a súa casa para experimentos.
Retirouse da universidade en 1946 e, empezou a traballar coa UNESCO nos seus esforzos para acabar co analfabetismo. En 1952 foi nomeada para a Comisión norueguesa que traballou nos controis do uso de bombas atómicas. Ese mesmo ano, renunciou á UNESCO en protesta pola admisión de España, baixo o réxime fascista de Franco, como membro. En 1962, aos 83 anos, recibiu un doutoramento honorario pola Sorbona, sendo a primeira muller en recibir tal honra.
Obra
(Con Marie Curie) "Sur le radium et l'uranium contenus dans les mineraux radioactifs", Comptes Rendus 148:1451 (1909) "Ratio Between Uranium and Radium in the Radio-active Minerals", Comptes Rendus 149:267 (1909). "Sur le rapport entre l'uranium et le radium dans les mineraux actifs", Radium 8:256 (1911).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ellen Gleditsch: Woman Chemist in IUPAC’s Early History
Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Químicos de Noruega Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1968