Neil Sedaka, nado o 13 de marzo de 1939 en Brooklyn, Nova York, e finado o 27 de febreiro de 2026, foi un cantante, cantautor e pianista norteamericano. Vendeu millóns de discos en todo o mundo e escribiu ou coescribiu máis de 500 cancións para el e outros artistas.

Traxectoria Antes de entrar no mundo do pop tiña unha ampla experiencia do mundo da música, mesmo tivera unha bolsa Juillard para estudar música clásica. Mozo dunha rapaza de Nova York (Carole King), que traballaba facendo maquetas para unha discográfica, dedicoulle unha canción "Oh, Carol" (1959) que se convertería nunha das súas obras máis famosas.

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Finados en 2026