En galego os substantivos son masculinos ou femininos. Algúns teñen xénero inmanente mentres que outros teñen flexión de xénero. Entre os primeiros:

Son masculinas as seguintes palabras: o sal, o mel, o sinal, o cárcere, o labor, o nariz, o riso, o sangue, o cume, o leite, o couce, o cuspe, o dote, o fel, o mar, o masacre, o sinal, o ubre, o xiz, o fantasma... Os nomes das letras: o a, o be, o ce, o de, o efe... As palabras acabadas en -ume: o legume, o costume... As palabras rematadas en -ema: o problema, o teorema, o estrataxema, o diadema

Son femininas: a orde, a orixe, a cor, a dor, a ponte, a árbore, a cal ou a canle, a calor, a cute, a eclipse, a orde, a ponte, a reuma, a síndrome, a suor, a vertixe, a fronte, a marxe, a pantasma... As palabras rematadas en -axe (do francés, "age"): a equipaxe, a mensaxe, a chantaxe, a porcentaxe... Esta regra non se cumpre para: o traxe, o paxe, o garaxe. Personaxe pode ser feminina ou masculina segundo o contexto. As palabras rematadas en -se (do grego "sis"): a crise, a análise, a parálise... As palabras rematadas en -ite e -te (do grego "itis" ou "tis"): a bronquite, a peritonite, a farinxite...

Entre os substantivos con flexión de xénero, as formas masculina/feminina constrúense como segue: -e/-a, -o/-a, ∅/-a: mestre/mestra, lobo/loba, doutor/doutora, rapaz/rapaza, avó/avoa, bailarín/bailarina. Algunhas destas palabras presentan unha terminación especial: ∅ ou –o/–ina ou –iña: tsar/tsarina, galo/galiña –e/–esa ou -isa: duque/duquesa, sacerdote/sacerdotisa –dor ou tor/-triz: emperador/emperatriz, actor/actriz Palabras rematadas en ditongo decrecente: grou/grúa, sandeu/sandía, xudeu/xudía

As seguintes terminacións poden presentar problemas: -ao ou -án/á: irmán/irmá, aldeán/aldeá, castelán/castelá, cidadán/cidadá, curmán/curmá, ermitán/ermitá, catalán/catalá, musulmán/musulmá, capitán/capitá, alemán/alemá e moitos xentilicios de Galicia: ourensán/ourensá, ferrolán/ferrolá, carnotán/carnotá, arousán/arousá, caldelao/caldelá -án/-ana (pexorativas): folgazán/folgazana, pillabán/pillabana, langrán/langrana. Mais nugallán/nugallá -ano/-ana: italiano/italiana, cubano/cubana, urbano/urbana, humano/humana -ón/-oa: bretón/bretoa, ladrón/ladroa (ou ladra), león/leoa... -ón/ -ona (aumentativos e deverbais pexorativos): mullerona, preguntón/preguntona...

É importante advertir que na lingua galega non existe a cacofonía e diremos a auga, a arma, a arte, a aguia...

Categoría:Gramática da lingua galega