Escola de surf (título orixinal en ) é unha serie de televisión australiana, de coprodución alemá, emitida na ABC Television australiana. En Galiza foi emitida pola TVG. Cada capítulo conta a vida dun grupo de rapaces estudantes no Solar Blue, unha academia de surf de alto rendemento onde uns poucos afortunados de 16 anos son seleccionados para un programa de adestramento durante doce meses. Este grupo de surfeiros de elite irán xuntos ó instituto e surfearán nas praias do norte de Sydney. Na fin do adestramento no Solar Blue, os estudantes compiten entre eles para conseguir un patrocinador que lles pague 12 meses no circuíto profesional júnior.
Ademais do seu adestramento no surf, os estudantes vivirán as experiencias propias da adolescencia, incluíndo deberes, amizades e relacións amorosas.
Primeira temporada
A primeira temporada consta de 26 episodios. Os actores Adam Saunders, Tahyna Tozzi, Sophie Luck, Kate Bell, Khan Chittenden, Chris Foy e Mara Scherzinger interpretan uns adolescentes que son aceptados nunha escola de alto rendemento para a práctica do surf. Despois dun ano, compiten para conseguir o patrocinio da firma Solar Blue. Os estudantes que non son aceptados continúan coa súa vida normal.
Edge e Fiona (Fly) gañaron esta competición.
Elenco e dobraxe
{| class="wikitable" |- style="background:#EFEFEF" !width="200"|Personaxe !width="175"|Voz galega !width="175"|Actor orixinal
| Heath Carroll | Gaspar Somoza | Adam Saunders |- | Dean "Edge" Edgely | Raúl Dans | Khan Chittenden |- | Perri Lawe | Nora Abad | Tahyna Tozzi |- | Matt Leyland | Chema Gagino | Chris Foy |- | Bec Sanderson | Chelo Díaz | Kate Bell |- | Fiona "Fly" Watson | Teresa Santamaría | Sophie Luck |- | Anna Petersen | | Mara Scherzinger |- | Deborah "Deb" Callum | Carolina Vázquez | Nadine Gardner |- | Craig "Simmo" Simmonds | Antón Rubal | Martin Lynes |- | Jilly | Miriam Aldrei | Liz Burch |- | Joe Sanderson | | Matt Ruddock
Segunda temporada A filmación da segunda temporada comezou en xaneiro en Sydney, Australia, cun repartimento distinto, que inclúe a Sophie Luck, Ryan Corr, Lesley Mitchell, Taryn Marler, Gabrielle Scollay, James Sorensen e Trent Dalzell. A súa estrea produciuse o 28 de xuño de 2006.
Véxase tamén Ligazóns externas Oficial ABC Website A serie na páxina da TVG Series 2 trailer - YouTube.
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2005 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2008 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Australia Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión da ABC