Aubrey Fitz Gerald Bell, nado en Muncaster, Cumbria, Inglaterra o 20 de agosto de 1881 e finado en Vitória, Columbia Británica (Canadá) o 7 de maio de 1950, foi un escritor e tradutor inglés. Pasou dende a infancia longas temporadas en Saint-Jean-de-Luz, Francia, onde a familia posuía unha casa. En Saint-Jean-de-Luz comezou a mostrar interese polas culturas da Península Ibérica e aprendeu o vasco. Cursou estudos clásicos no Keble College da Universidade de Oxford e a partir de 1909 empezou a traballar en Portugal como correspondente do xornal conservador e monárquico Morning Post, o que lle ocasionou problemas coas autoridades da Primeira República de Portugal. Escribiu artigos para diversas publicacións e fixo a tradución ó inglés de diferentes obras. Coa caída de Francia, ó inicio da segunda guerra mundial, decidiu trasladarse ó Canadá coa súa familia.

Traxectoria Nado na casa reitoral de Muncaster, preto de Ravenglass, fillo de Katherina Fitzgerald ( —1927), de ascendencia nobre, e Henry Bell (1838—1919), deán en Gosforth e despois cóengo na catedral de Carlisle e director nunha institución educativa. Durante os primeiros anos da súa vida foi educado na casa. Viviu algúns anos da súa nenez no sur de Irlanda. Pasou dende a infancia longas temporadas en Saint-Jean-de-Luz, no departamento dos Pireneos Atlánticos (Francia), onde a familia posuía unha casa. En Saint-Jean-de-Luz comezou a mostrar interese polas culturas da Península Ibérica e o escritor e reverendo Wentworth Webster ensinoulle o idioma vasco.

Cursou estudos clásicos no Keble College da Universidade de Oxford. Foi auxiliar de bibliotecario na sección de libros impresos do Museo Británico entre 1905 e 1908. Residiu en São João do Estoril (Cascais) a partir de 1908 onde traballou como correspondente do xornal Morning Post dende 1909, publicou artigos en diferentes publicacións e fixo a tradución ó inglés de diversas obras do portugués e do castelán. No ano 1912, posiblemente por traballar para o xornal conservador e monárquico Morning Post, foi sinalado polas autoridades da recentemente creada República Portuguesa e encarcerado, permaneceu en prisión durante varios meses mais foi liberado finalmente trala intervención do secretario de legación Charles Wingfield.

Coñeceu a enfermeira escocesa Barbara Lindsay Wilkie cando estivo convalecente no Hospital Británico de Lisboa no ano 1933. Casaron e tiveron dous fillos, Alan e mais Gerald. A familia residiu en Manique de Baixo (Cascais), onde era coñecido polos veciños como Sr. Álvaro de Manique de Baixo.

Coa caída de Francia, tralo inicio da segunda guerra mundial, Aubrey F. G. Bell decidiu trasladarse xunto coa súa muller e os seus fillos ó Canadá. Desprendeuse de parte dos seus libros tras chegar a un acordo co Instituto Español de Lisboa. Recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade de Coímbra e foi nomeado polo goberno portugués cabaleiro da Orde Militar de Sant'Iago da Espada, concedido polo mérito literario, científico e artístico.

Nun principio trasladouse a Toronto, na provincia de Ontario, pero finalmente instalouse xunto coa súa familia en Victoria, na provincia da Columbia Británica, onde continuou co seu labor de escritor. Vendeulle o resto dos libros á Universidade da Columbia Británica a cambio de conseguir acceso ós fondos da súa biblioteca.

Faleceu o 7 de maio de 1950 en Victoria, Columbia Británica.

Obra Foi autor numerosas obras; biografías, antoloxías, libros de viaxes e traduciu ó inglés diversos libros; as súas principais obras estiveron dedicadas a autores como Gil Vicente, Luis de León, Miguel de Cervantes etc. páxina=9|miniatura|220px|dereita|Spanish Galicia (1922) de Aubrey F. G. Bell.

Poesía Dous libros de poemas, Songs of Rest (1911) e In Grey and Gold (1913), mostran a vocación poética do escritor. Anos máis tarde publicou The Soul's Journey (1928). O autor empregou sempre o pseudónimo A. F. Gerald nas súas obras poéticas. Songs of Rest. Como A. F. Gerald (1911) In Grey and Gold. Como A. F. Gerald (1913) The Soul's Journey. Como A. F. Gerald (1928)

Literatura de viaxes The Magic of Spain (1912) (The Magic of Spain en Commons) In Portugal... (1912) (In Portugal en Commons) Portugal of the Portuguese (1917) (Portugal of the Portuguese en Commons) Galicia vista por un inglés (1922) (Spanish Galicia en Commons) A Pilgrim in Spain (1924)

Crítica literaria

Studies in Portuguese Literature (1914) Portuguese Literature (1922) (Portuguese Literature en Commons) Portuguese Bibliography, destinado a acompañar e completar Portuguese Literature, do propio autor (1922) The Author of La Estrella de Sevilla (1923) Contemporary Spanish Literature (1925) Notes on the Spanish Renaissance (1930) Da poesia medieval portuguesa. Traducido do inglés por António Álvaro Dória (revisado polo autor) (1932) Castilian Literature (1938)

Biografías Portuguese Portraits (1917) (Portuguese Portraits en Commons)

Fernam Lopez (1921) Gil Vicente (1921) Baltasar Gracián (1921) Benito Arias Montano (1922) Luis de Camoes (1923) Luis de León (1923) Diogo Do Couto (1924) Gaspar Corréa (1924) Francisco Sanchez, El Brocense (1925) Juan Gines de Sepulveda (1925) The humanist Jeronymo de Osorio (1928) Damião de Goes, A Portuguese Humanist (1941) Cervantes (1947)

Traducións Do portugués Poems from the Portuguese (1913) Lyrics of Gil Vicente (1914) (Lyrics of Gil Vicente en Commons) Four Plays for Gil Vicente (1920) The Relic, de Eça de Queiroz (1925) The Oxford book of Portuguese verse: XIIth century-XXth century, antoloxía poética (1925) A History of Iberian Civilization, de Oliveira Martins (1930)

Do castelán The Lord of Labraz, de Pío Baroja (1926) The Tree of Knowledge, de Pío Baroja (1928) Lyrics of Luis de Leon (1928)

Edicións Auto de la Sibila Casandra, conforme a la edición de 1562, de Gil Vicente. Como Álvaro Giráldez (1921) (Auto de la Sibila Casandra, conforme a la edición de 1562 en Commons)

miniatura|240px|dereita|Portada da revista Revue Hispanique, “Recueil consacré à l'étude des langues, des littératures et de l'histoire des pays castillans, catalans et portugais” Artigos Traballou como correspondente do Morning Post, colaborou asiduamente en publicacións como Anglo-Portuguese News, The Athenaeum, The Fortnightly Review, The Outlook, Queen e The Times Literary Supplement, Revue Hispanique, Modern Language Review e Bulletin of Spanish Studies etc. "The Authorship of La Estrella de Sevilla", The Modern Language Review, pp. 97-98 (1923) "King Manuel and Portuguese Literature", The Dublin Review, pp. 87-100 (1934)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Galicia vista por un inglés

Categoría:Nados en Cumbria Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1950 Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Hispanistas Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Coímbra