miniatura|150px Anacleto ou Cleto, coñecido logo como Santo Anacleto, falecido en Roma o ano 91, foi o terceiro papa (despois de Pedro e Lino). Exerceu de bispo de Roma entre os anos 79 e 91Donald Attwater. A Dictionary of Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939, se ben o Anuario Pontificio de 2003 moveu esas datas ao 80 e 92, respectivamente.

Moi pouco se sabe da súa vida. O Liber pontificalis di que era romano, pero sen máis probas, se ben outras fontes apuntan á súa orixe ateniense. Crese que el instaurou o réxime sacerdotal e os bispados, e que dividiu a cidade de Roma por primeira vez en 25 parroquias. Probablemente foi martirizado nos tempos do emperador Domiciano, e soterradoFind a Grave cabo de Lino, o seu predecesor.

Santidade Como todos os papas anteriores ao Edicto de Milán, foi considerado santo polo cristianismo. A súa festa celébrase en dous días distintos: como san Cleto o 26 de abril e como santo Anacleto o 13 de xullo, aínda que fosen a mesma persoa, seguindo o Liber Pontificalis; porén Ireneu de Lión e Eusebio consideran que se facía referencia á mesma persoa.

Parroquias galegas Non hai ningunha parroquia en Galicia con advocación a santo Anacleto.

Notas

Categoría:Papas Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Finados en 91