A cacheira, ou cachaza, cachola ou cachucha, é como se denomina á cabeza do porco, despois de despezado,cacheira, 1ª acep. no Dicionario da RAG. cando está salgada.cachola. En: VV. AA. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua. Volume I. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9914-071-1. É un dos ingredientes do cocido, especialmente do cocido galego.

Partes que comprende A cacheira inclúe as orellas, o fociño e a cara, sen contar a papeira, e normalmente consérvase curada, salgada ou afumada.

Cacheira prensada A cacheira prensada, tamén chamada queixo do porco, é un embutido feito principalmente con carne da cabeza do porco e outros miúdos, condimentados, e sometido a unha cocción.

Prepárase como se fora un cocido, con grelos, un pouco de unto, e outros ingredientes do cocido. Cando está ben tenra a cacheira, que xa comeza a despegarse, sácase todo o óso e o exceso de carne, o que é a parte da faceira (a que está debaixo da mandíbula). Retírase esa parte, porque senón, ao prensala, como non ten tanta xelatina, pode ter o perigo de que se desfaga (é que a xelatina é como un pegamento).

Pode facerse cun tupper que encaixe noutro. Bótase toda a carne esmiuzada nun deles (e se fai falta rectifcar de sal, faise), ponse o outro tupper enriba e apértase forte, colocando un peso encima, por exemplo, catro cartóns de leite. Déixase un día e medio na neveira e, pasado ese tempo, sácase do tupper e queda como un flan.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cocido Cocido de Lalín Cocido galego

Ligazóns externas Portal das palabras (RAG): Cacheira, cachola e cachucha

Categoría:Caixas de navegación

Categoría:Porco Categoría:Gastronomía de Galicia