Paulo (o) Diácono (en ), nado en Cividale del Friuli cara ao 720 e finado na abadía de Monte Cassino o 13 de abril de 800, foi un erudito de orixe longobarda do século VIII.

Traxectoria Naceu co nome de Warnefred na capital do Ducado de Friúl. A súa familia pertencía á vella nobreza longobarda, descendente dun tal Leupegis (ou Leupechi en italiano), que viviu no tempo do rei Alboíno.

Probabelmente formado en Pavia, capital longobarda, no reinado do rei Ratchis, permanece na corte real baixo os reis Aistolfo e Desiderio.

A partir de 782, participa no «Renacemento carolinxio» ao pasar cinco anos na corte de Carlomagno e despois volve a Italia onde empeza a escritura da súa Historia Langobardorum (en galego, Historia dos longobardos), unha historia do pobo longobardo que vai desde as orixes ao ano 744 (morte do rei Liutprando) e redactada de 787 a 789. Algúns atribúenlle a composición da oración Ave Maris Stella.

Véxase tamén

Bibliografía

Christopher Heath (2017) The Narrative Worlds of Paul the Deacon: Between Empires and Identities in Lombard Italy (Amsterdam: Amsterdam University Press)

Ligazóns externas Historia Langobardorum .

Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Longobardos Categoría:Nados en 720 Categoría:Finados en 800 Categoría:Medievalistas