José Jiménez Lozano, nado en Langa, Ávila, o 13 de maio de 1930 e finado en Valladolid o 9 de marzo de 2020, foi un escritor español. Recibiu o Premio Cervantes en 2002.

Traxectoria Naceu en Langa, pequena poboación da comarca da Moraña, ao norte da provincia de Ávila, onde pasou a súa infancia ata que marchou a estudar. Na súa obra están reflectidas as paisaxes de ampla chaira castelá, con horizontes inmensos que convidan o pensamento, a reflexión e mesmo a mística que inspirou a Xoán da Cruz e Tareixa de Ávila, así como algúns personaxes da súa lembranza son usados ao modo de como Miguel Delibes utiliza personaxes nas súas novelas ambientadas na Castela rural.

Desenvolveu a súa vida profesional en Valladolid e en Alcazarén, a súa residencia durante máis de cincuenta anos.

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Valladolid, en Filosofía e Letras pola de Salamanca e en Xornalismo pola Escola Oficial de Xornalismo de Madrid en 1962.

Foi colaborador de El Norte de Castilla de Valladolid desde 1958, redactor de 1962 a 1978, subdirector de 1978 a 1979 e director desde 1992 até a súa xubilación en 1995.

En 1988, José Jiménez Lozano, o sacerdote José Velicia e o arquitecto Pablo Puente desenvolveron en Valladolid a primeira edición da exposición Las Edades del Hombre. Tamén participou na parte técnica Eloísa García de Wattenberg, entón directora do Museo Nacional de Escultura. A parte financeira correu a cargo da Caixa de Salamanca e Soria.

Compaxinou a carreira xornalística coa literatura: é autor de novelas, ensaios, poesía e diarios. Colaborador habitual de xornais como ABC ou La Razón, foi tamén patrón do Instituto Cervantes, da Residencia de Estudantes e das fundacións da Lingua Española e da dos Duques de Soria.

Foi galardoado co Premio Cervantes 2002 –considerado como o Nobel das letras hispanas–. O escritor considerou o premio «como o que é, como un agasallo, cunha grande alegría» e que «é o premio máis importante do país e sinto que é un recoñecemento oficial, pero o que me enche de alegría é saber que a miña obra chegou a uns cantos, aínda que sexa un lector».

O papa Francisco concedeulle a Cruz Pro Ecclesia et Pontifice, máxima distinción para un segrar, que recibiu o 4 de novembro de 2017 de mans do entón cardeal e arcebispo de Valladolid, Ricardo Blázquez.

Faleceu en Valladolid o 9 de marzo de 2020 aos oitenta e nove anos.

Obra Ensaio Nosotros los judíos (1959) Un cristiano en rebeldía (1963) Meditación sobre la libertad religiosa (1966) La ronquera de Fray Luis y otras inquisiciones (1973) Sobre judíos, moriscos y conversos (1982) Guía espiritual de Castilla (1984) Juan XXIII (1985) Ávila (1988) Los ojos del icono (1988) La Lugareja (1991) Pecado, poder y sociedad en la historia (1992) Ni venta ni alquilaje (1992) Unas cuantas confidencias (1993) Castilla y León inolvidable (1994) con Gurutze Galparsoro: Una estancia holandesa (1998) Fray Luis de León (2001) El narrador y sus historias (2003) Contra el olvido (2003) Obstinación del almendro y de la melancolía (2012)

Novela Historia de un otoño (1971) El sambenito (1972) La salamandra (1973) Duelo en la Casa Grande * Parábolas y circunloquios de Rabí Isaac Ben Yehuda (1325-1402) (1985) Sara de Ur (1989) Estampas y memorias (1990) El mudejarillo (1992) Relación topográfica (1993) La boda de Ángela (1993) Teorema de Pitágoras (1995) Las sandalias de plata (1996) Los compañeros (1997) Ronda de noche (1998) Las señoras (1999) Maestro Huidobro (1999) Un hombre en la raya (2000) Los lobeznos (2000) El viaje de Jonás (2002) Carta de Tesa (2004) Las gallinas del licenciado (2005) Libro de visitantes (2007) Agua de noria (2008)

Relatos El santo de mayo (1976) El grano de maíz rojo (1988) Los grandes relatos (1992) Objetos perdidos (1993) El cogedor de acianos (1993) Un dedo en los labios (1996) El balneario (1998) Antología de cuentos (2004) El ajuar de mamá (2006) La piel de los tomates (2007) Libro de visitantes (2004) El azul sobrante (2009) Un pintor de Alejandría (2010)

Diarios Los tres cuadernos rojos (1973-1983) (1985) Segundo abecedario (1984-1988) (1992) La luz de una candela (1989-1993) (1996) Los cuadernos de letra pequeña (1993-1998) (2003) Advenimientos (2001-2004) (2006) Los cuadernos de Rembrandt (2005-2008) (2010) Impresiones provinciales (2010-2014) (2016) Cavilaciones y melancolías (2016-2017) (2018) Evocaciones y presencias (2018-2020) (2020)

Poesía Tantas devastaciones (1992) Un fulgor tan breve (1995) El tiempo de Eurídice (1996) Pájaros (2000) Elegías menores (2002) Elogios y celebraciones (2005) Enorme luna (2005) La estación que gusta al cuco (2010) El precio, antología (2013) Un fulgor tan breve, reedición (2017) Tantas devastaciones, reedición (2017)

Premios

Premio da Crítica de narrativa castelá 1988 por El grano de maíz rojo. Premio Castela e León das Letras 1988. Premio Nacional das Letras Españolas 1992. Premio Luca de Tena de Xornalismo 1994 por El eterno retablo de las maravillas. Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes 1998 Premio Nacional de Xornalismo Miguel Delibes 2000 Sobre el español y sus asuntos. Premio Cervantes 2002. Medalla Prol Ecclesia et Pontifice 2017. Medalla de Ouro da Provincia de Ávila 2019. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Portal oficial e autorizado de José Jiménez Lozano . Artigos de José Jiménez Lozano en El País . Todos os libros de José Jiménez Lozano editados por Pre-Textos José Jiménez Lozano no Centro Virtual Cervantes . Portal da Cátedra Miguel Delibes dedicado a José Jiménez Lozano . Portal dedicado a José Jiménez Lozano elnortedecastilla.es . Guadalupe Arbona Abascal e Juan José Gómez Cadenas (maio de 2018) "José Jiménez Lozano: «Merece la pena vivir porque hay personas, hay pájaros, hay cosas que están excelentemente bien»" .

Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Premio Nacional das Letras Españolas Categoría:Xornalistas de Castela e León Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Premio Cervantes