Mohsen Fakhrizadeh-Mahabadi (en persa محسن فخریزاده) nado en Qom en 1958 e finado en Absard o 27 de novembro de 2020, foi un oficial iraniano da Garda Revolucionaria e profesor de física na Universidade Imam Hussein de Teherán. Segundo o Consello de Seguridade da ONU, Fakhrizadeh era un científico de alto rango adscrito ao Ministerio de Defensa e Loxística das Forzas Armadas e ex director do Centro de Investigación Física (PHRC). Foi asasinado o 27 de novembro de 2020.
Biografía Naceu en Qom, asistiu á Universidade Shahid Beheshti e recibiu un doutoramento pola Universidade de Isfahán. Foi profesor na Universidade Iman Hussein, e líder do programa nuclear de Irán.
Traxectoria Fakhrizadeh fora obxecto de investigación por parte de Estados Unidos, acusado de ser o responsable último do programa nuclear iraniano. Por ese motivo foi incluído na lista do Consello de Seguridade das Nacións Unidas pola que se conxelaban os seus activos e era preceptiva a notificación das súas viaxes. O Consello esixiu que o Axencia Internacional da Enerxía Atómica (AIEA) elaborase un informe e entrevistase a Fakhrizadeh, pero Irán negouse a polo á súa disposición.
Respecto ao traballo de Fakhrizadeh, Irán filtrou algunha información sobre a que a AIEA dixera que "non era incompatible coas súas propias conclusións", aínda que o organismo internacional continuou tentando corroborar as súas sospeitas.International Atomic Energy Agency: Implementation of the NPT Safeguards Agreement and relevant provisions of Security Council resolutions 1737 (2006) and 1747 (2007) in the Islamic Republic of Iran
Asasinato O 27 de novembro de 2020, Fakhrizadeh foi ferido de gravidade preto da cidade de Absard, unha localidade próxima a Teherán. Houbo noticias dunha explosión. Foi trasladado a un hospital onde morreu debido ás súas feridas. Catro homes armados estiveron involucrados no ataque, tres dos cales foron matados polos gardacostas de Fakhrizadeh. miniatura|Escena do crime.
Notas
Categoría:Nados en Irán Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Asasinatos en Irán Categoría:Científicos de Irán