José Cecilio Lázaro Galdiano nado en Beire, Navarra, o 30 de xaneiro de 1862 e finado en Madrid o 1 de decembro de 1947, foi un financeiro, empresario, intelectual, editor, coleccionista e bibliófilo, que doou os seus bens ao Estado español. Formación Naceu en Beire, localidade navarra próxima a Tafalla na madrugada do 30 de xaneiro de 1862 e foi bautizado ao día seguinte na parroquia de San Millán. No bautizo, o seu padriño foi o vigairo da parroquia de San Pedro de Olite, Pedro Suescun, en nome e comisión do doutor Cecilio Lázaro, mestrescola da catedral de Lleida.

O seu pai foi Leoncio de Lázaro Garro e a súa nai, Manuela Gregoria de Galdiano Garcés de los Fayos. Leoncio e Manuela eran modestos terratenentes, aínda que fidalgos sen o menor renunciamento á súa prosapia persoal e histórica. Leoncio Lázaro Garro levou a ostentación da súa fe católica até o extremo de ter sempre (e dende os sesenta anos na súa propia alcoba) o cadaleito en que había ser enterrado. Tódolos anos, en determinada época, tomaba sobre os seus ombreiros unha pesada cruz, e levábaa, en sucesivas xornadas, aos ombreiros e descalzo, até o afastado santuario da Virxe de Ujué. A súa esposa, moi bela e de costumes refinados, faleceu cando aínda era neno José Cecilio, e foi substituída na crianza por Sotera Echarri, a súa ama de chaves até entón. José Cecilio foi o maior de sete irmáns, seguírono Josefa Apolonia, Rogelio María José Miguel, Jesús Mª Bernardo, Carmen Polonia, Ángel Remigio e Asunción Josefa. Tralo seu paso pola escola rural onde aprendería as primeiras letras, o seu pai dispuxo que estudase o bacharelato nos Escolapios de Sos del Rey Católico obtendo o grao de Bacharel no Instituto de Zaragoza. Non destacou especialmente polo seu rendemento escolar. Un irmán da súa nai, Esteban Galdiano Garcés de los Fayos, un rico financeiro de Olite, alcalde de Pamplona e director da sucursal do Banco de España en Navarra, foi quen de orientar ao seu sobriño.

Mocidade Cando tiña quince anos entrou a traballar como escribinte na sucursal do Banco de España en Pamplona. Alí permaneceu até aproba-lo exame para o ingreso na escala xeral de empregados de sucursais. Tomou posesión do seu cargo o 9 de outubro de 1880 e dous días despois foi a Valladolid, onde intentou compaxina-lo seu traballo cos estudos cando se matriculou na Facultade de Filosofía e Letras onde cursou tres materias: dúas dos estudos preparatorios (Literatura Xeral e a Historia Universal do primeiro curso) e a terceira, da Licenciatura en Dereito (Dereito romano do primeiro curso) e conseguiu aprobalas. Tamén se converteu nun gran lector:

Barcelona (1880-1888) Persoa con grande intelixencia, atractivo físico, ambición e sensibilidade artística, José decidiu buscar oportunidades na Barcelona modernista orientando os seus gustos cara á arte e as humanidades aínda que frustrase os seus estudos superiores e se descoñece o seu medio de vida e os seus apoios durante estes anos. Os seus numerosos haxiógrafos resaltaron a súa vasta cultura autodidacta pero obviaron as orixes do seu, relativamente rápido, enriquecemento polo que non existe unha biografía financeira ou empresarial de Lázaro. O esquema para un mozo ambicioso con aspiracións de ascenso social era o seguinte: o capital xorde dunha simbiose entre a antiga aristocracia e os novos burgueses. A aristocracia achegaba prestixio social e a burguesía o emprendemento. Co poder económico este grupo acaparaba o poder político e cultural (literatura, arte, modas, consumo). El comezaría achegándose á xente que importaba.

Nos seus comezos mostrou unha gran versatilidade como xornalista. Dotado dunha gran soltura, impartiu conferencias nos Ateneos sobre o seu tema favorito: as «Relacións entre artistas e literatos nas historias artística e literaria españolas»La Dinastía de 17 de marzo de 1888. axudándose de diapositivas, daquela, un sistema revolucionario. Iniciado no círculo do xornal catalán La Dinastía, tanto se anunciaba nas sesións culturais do Ateneo barcelonés como colaboraba nun xornalismo lixeiro, do corazón, dedicado ás mulleres. Tamén levou unha sección desenfadada en La Vanguardia (1887-1888) titulada «Damas e Salóns» na que, mesmo, adquiriu reputación como gacetilleiro esnob.As colaboracións do mozo Lázaro en La Vanguardia dirixíronse á nobreza e á burguesía femininas en forma de cartas confidenciais a unha imaxinaria condesa ou marquesa amiga. Describiu con precisión os detalles da casa e a vestimenta das azafatas e dos hóspedes que cría que impactarían nos seus lectores. As súas triviais críticas literarias trataron sobre autores pouco relevantes da época. Foi crítico literario e de arte en El Imparcial e en El Liberal de Madrid, medios nos que continuou escribindo sobre arte, cultura e política.

Como hobby, e seguindo unha moda, comezou a significarse por coleccionar antigüidades, que distribuía pola súa casa. A súa personalidade metódica plasmouse nun coleccionismo activo, ordenado e coidadoso, con certa tendencia obsesiva a buscar, acumular, clasificar e catalogar series de bens tanxibles.Ver Pinillos Costa, I. op.cit.

Participou nalgunhas comisións menores da Exposición Universal de Barcelona de 1888.Comisións como as do Torneo a la moderna, Fuegos artificiales y Cabalgata animadora. Traballou algún tempo na Transatlántica, compañía navieira onde había posibilidades de grandes beneficios co transporte de soldados e subministracións á illa de Cuba. Tivo amizades con personalidades que lle proporcionaron contactos, como o catalanista Narcís Oller, e relacións máis estreitas con Emilia Pardo Bazán Freire, Ana María: «Emilia Pardo Bazán: amores con Lázaro Galdiano: Insolación» .Thion Soriano-Mollá, Dolores: Pardo Bazán y Lázaro. Del lance de amor a la aventura cultural (1888-1919). Ed. Fundación Lázaro Galdiano / Ollero y Ramos. Madrid, 2003. e co político Emilio Castelar, bastante maior que el. Ámbolos dous axudaríano, máis tarde, en Madrid no seu proxecto cultural: a que foi considerada como mellor revista culta da época La España Moderna e na que colaborarían Pardo Bazán e as plumas máis brillantes e influentes.Ronald Hilton, op.cit.

Madrid (1888-1914)

Negocio editorial En 1888, José Lázaro, instalouse en Madrid, provisto dunha primeira acumulación de capital; viviu na Cuesta de Santo Domingo, nunha casa que pronto se converteu nun auténtico museo. O seu espírito emprendedor levouno a fundar e dirixir un negocio editorial: unha revista literaria para persoas cultas á que chamou La España Moderna. Parece indubidable que conseguiu axuda, non só moral, da escritora Emilia Pardo Bazán.O catalanista Narcís Oller afirma nas súas Memorias: «La España Moderna, empresa na cal, segundo din en Madrid, tiña por aqueles tempos moitas cartos colocados a ilustre galega». Ver Oller, Narcís (1962). Mèmories litèraries. Història dells meus llibres. Barcelona: Aedos. páx. 132.

A revista conseguiu saír á rúa e xa na portada do primeiro número, Lázaro, expresou a súa intención e desexo de que a revista:

A estrutura da revista literaria La España Moderna respondía ao seguinte esquema: un relato ou unha novela curta distribuída en varias entregas; unha poesía, notas bibliográficas asinadas por especialistas, crónicas, seccións e artigos. Na revista colaboraron mediante contrato moitos dos grandes escritores españois da xeración do 98 como Emilia Pardo Bazán, Unamuno, Echegaray, Clarín, Palacio Valdés, Zorrilla, Pérez Galdós ou Menéndez Pelayo, políticos e pensadores como Giner dos Ríos, Rafael Altamira, Silvela, Castelar, Cánovas e Pi i Margall. Tamén se publicaron na revista, en moitas ocasións por primeira vez en español, obras de escritores estranxeiros como Dostoievsky, Tolstoi, Balzac, Daudet, Flaubert, Gorki e Zola, por exemplo.

A editorial editou, ademais de centenares de títulos literarios, outras revistas máis especializadas como La Revista Internacional, Revista de Derecho y Sociología e La Nueva Ciencia Jurídica que, como La España Moderna pretendían mellorar o acceso dos lectores españois ás novas máis interesantes da ciencia e as letras. Cara a 1919, José Lázaro abandonou definitivamente o negocio editorial.

En Madrid, fixo boas relacións frecuentando os salóns de amizades importantes, como Cánovas del Castillo.La Época (Madrid) de 16/1/1896, páx. 2. Aínda que non tiña ningún soporte académico, Lázaro presentouse, sen éxito, á oposición da cátedra de «Concepto e Historia del Arte», que estaba vacante na Escola Central de Artes e Oficios.Os opositores presentados para prove-la cátedra de Concepto é Historia del Arte, vacante na Escuela Central de Artes y Oficios, foron: Francisco Borras Soler, Juan Bosch y Tombas, Rafael Campillo y del Hoyo, Bernardino Martín Mínguez, Pedro Izquierdo y Corral, Joaquín Adsuar y Moreno, Vicente Lampórez y Romea, Manuel Rodríguez Codolá, José Almendros Campa, Arturo López Alonso, Marcos Jesús Bertrán, José Lázaro y Galdiano, Manuel Gómez Moreno y Martínez, José Ramón Mélida y Alinari y Rafael Balsa de la Vega y López. Gaceta de Instrucción Pública de 15/1/1897, páx. 721. A instancias dos seus amigos rematou, en maio de 1898, a carreira de Dereito con trinta e seis anos de idade.

En 1899, amosou a súa casa a un admirado Rubén Darío, que puido contempla-lo cadro O Salvador adolescente, atribuído, daquela, por Lázaro a Leonardo da Vinci, cualificándoo como a Santa panagia da súa colección. O escritor nicaraguano destacou a glamurosa disposición da casa (Cuesta de Santo Domingo, nº 16) e describe ademais a José Lázaro como «solteiro, novo e moi rico».Véxase en "Don José Lázaro. Visto por Rubén Darío y Miguel Unamuno" . Daquela, xa era un home de mundo que viaxaba moito e que se defendía bastante ben en francés.Nas súas viaxes ao estranxeiro, Lázaro, mantiña a súa correspondencia en tarxetas postais publicitarias editadas polas súa empresas como a colección «Cien Obras Artísticas del Director de la España Moderna, Sr. Lázaro», das que ía ben provisto.Ver en cervantesvirtual.com

Casamento En París, coñeceu a un rapaz novo arxentino, Juan Francisco Ibarra y Florido, recentemente casado e con aspiracións literarias a quen lle publicou unha poesía en La España ModernaJuan Francisco Ibarra: «Poetas americanos. Marché a estudiar». Revista Nueva España de 1/8/1902, páx. 77. e fíxose amigo del, naquel ambiente cosmopolita. Este, escribiu a súa nai:

A súa nai, unha viúva moi nova con outros dous fillos pequenos adoitaba pasar, como tamén facía a clase alta arxentina da época, longas temporadas en París, Londres e Madrid con obrigada visita á Santa Sé. Nunha das viaxes a París, tivo ocasión de visita-la colección de Galdiano e escribiu a seu fillo poeta, Juan Francisco Ibarra para lle notificar:

En 1903, José Lázaro casou, con 41 anos, con Paula Florido y Toledo de 47 anos (San Andrés de Giles, Arxentina, 1856-Madrid, 1932) na embaixada de España en Roma, unha muller moi rica que se convertera en viúva xa en tres ocasións e que contribuíu con tres fillos. Ela, con só dezasete anos casara co español residente na Arxentina, Francisco Ibarra Otaola, que lle deixara unha gran fortuna e co que tería o único fillo que sobrevivía. Despois de quedar viúva, casou co galego de Padrón, Manuel Vázquez Castro "Barros", quen lle deu unha filla; este segundo matrimonio foi moi breve e tres anos despois, viúva de novo, uniuse ao porteño Rodolfo Gache, co que tería outro fillo.

Presenza social e editorial