Iuri Vladimirovich Andropov (en ), nado o 15 de xuño de 1914 e finado en Moscova o 9 de febreiro de 1984, foi un político soviético, Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética dende o 12 de novembro de 1982 ata a súa morte, alén de ser xefe do KGB durante quince anos.

Traxectoria Existen moitas dúbidas sobre a orixe familiar de Andropov. Segundo a biografía oficial, naceu en Stanitsa Nagutskaya (na actualidade no krai de Stavropol) o 15 de xuño de 1914. O seu pai, Vladimir Konstantinovich Andropov, era un traballador ferroviario descendente de cosacos do Don que faleceu por tifo en 1919. A súa nai, Yevgenia Karlovna Fleckenstein (ningunha fonte oficial menciona o seu nome), foi unha mestra de escola que morreu en 1931.A Dictionary of 20th Century Communism. Editado por Silvio Pons e Robert Service. Princeton University Press. 2010.Leonid Mlechin. Yuri's childhood and other mysteries from the life of the Chairman article from the Sovershenno Sekretno newspaper № 5, 2008 Ela nacera na gobernación de Ryazan e fora abandonada na porta dun cidadán finés, un reloxeiro xudeu, Karl Franzevich Fleckenstein, que vivía en Moscova; el e a súa dona, Eudokia Mikhailovna Fleckenstein, adoptárona e criárona. Investigacións posteriores descubriron que moitos detalles da biografía de Andropov foron moi falsificadas durante a súa vida, contribuíndo á confusión coa súa familia.

O seu primeiro nome documentado foi Grigory Vladimirovich Andropov-Fyodorov; cambiouno por Yuri Andropov varios anos despois.Alexander Ostrovsky (2010). Who Appointed Gorbachev? – Moscova: Algorithm, páx. 187 Aínda que o seu certificado de nacemento orixinal desapareceu, estableceuse que Andropov nacera en Moscova, onde a súa nai traballou nun colexio feminino entre 1913 e 1917.

Andropov estudou durante un curto período no Instituto Técnico para o Transporte Acuático de Rybinsk, antes de se xuntar ao Komsomol en 1930. Concluíu a graduación en 1939 e foi o primeiro secretario do Komsomol na república de Carelia, entre 1940 e 1944.БИОГРАФИЧЕСКИЙ УКАЗАТЕЛЬ Trala guerra, mudouse a Moscova en 1951 e entrou na secretaría do partido.

Trala morte de Iosif Stalin en marzo de 1953, Andropov foi rebaixado de posto e enviado a un "exilio" na embaixada soviética en Budapest por Georgi Malenkov. Tivo un papel importante na invasión soviética de Hungría en 1956. esquerda|miniatura|Andropov e Jaruzelski Andropov volveu a Moscova para dirixir o Departamento para Relacións con Países socialistas (1957-1967) e foi promovido para a secretaría do Comité Central do Partido Comunista Soviético en 1962, sucedendo a Mikhail Suslov. En 1967 foi nomeado xefe do KGB. En 1973 converteuse en membro pleno do Politburo, a pesar de non renunciar á dirección da KGB ata 1982.

Envolveuse en rumores e acusacións coa morte sospeitosa do entón líder Leonid Brezhnev o 10 de novembro de 1982. Brezhnev faleceu dunha sobredosa, motivada pola súa enfermeira, que era unha asociada do KGB, dirixido por Andropov. Cando a enfermeira foi declarado inocente e o caso abafado, pasouse a cuestionar a culpa de Andropov na morte de seu antecesor.The Sword and the Shield: The Mitrokhin Archive and the Secret History of the KGB, Christopher Andrew (2000), pág. 204 Google E-Books Días despois, foi nomeado, como era previsto, para o liderado do Partido Comunista, vencendo a Konstantin Chernenko, líder parlamentario dende había tempo. Foi o primeiro xefe do KGB que obtivo ese posto. Herdou tamén de Brezhnev, a presidencia do Consello de Defensa do país.

Durante o seu mandato fixo tentativas de mellorar a economía e de reducir a corrupción. Tamén é lembrado pola súa campaña contra o alcoholismo e polos esforzos para mellorar a disciplina no traballo. As dúas campañas foron conducidas cunha visión administrativa tipicamente soviética, e lembraban vagamente algunhas reminiscencias do stalinismo.

Fixo pouca cousa en termos de política externa, continuando a guerra iniciada trala invasión de Afganistán. O seu goberno tamén estivo marcado pola deterioración das relacións cos Estados Unidos a causa das actitudes fortemente antisoviéticas de Ronald Reagan, exacerbadas polo derrubamento por parte duns cazas soviéticos dun avión civil surcoreano que invadiu o espazo aéreo da URSS o 1 de setembro de 1983 e pola ampliación dos mísiles Pershing en Europa.

En febreiro de 1983, Andropov sufriu un fallo renal total. En agosto foi ingresado no Hospital Clínico Central de Moscova, onde pasou o resto da súa vida. A finais de febreiro de 1984 a súa saúde deteriorouse enormemente e tivo períodos en que perdeu a consciencia. Faleceu o 9 de febreiro de 1984 ás 16:50 no seu cuarto do hospital con 69 anos. Foi sucedido por Konstantin Chernenko, que xa estaba enfermo cando chegou ao poder e pasou tamén tempo no hospital antes de falecer en 1985.

Legado miniatura|esquerda|Tumba de Andropov na necrópole do Kremlin, Moscova O legado de Andropov aínda é tema de debate, tanto en Rusia como noutros lugares, e tanto entre académicos como nos medios de comunicación. Permanece no foco de varios documentais televisivos e en libros de non ficción, particularmente en datas conmemorativas.

A pesar da súa liña dura en Hungría e de numerosas desterros e intrigas das cales foi responsábel durante a súa longa permanencia na dirección do KGB, foi moi lembrado por varios comentaristas como un reformador. Aapuntan como evidencias o feito de promover a Mikhail Gorbachev no Partido Comunista soviético, e ser considerado un xefe da KGB particularmente tolerante. Tamén é lembrado como menos inclinado ás reformas rápidas do que foi Gorbachev; o punto central das especulacións é se Andropov conseguiría ou non reformar a URSS de xeito tal que evitase o seu colapso.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ostrovsky Alexander. Кто поставил Горбачёва? (2010). («Who brought Gorbachev to power?») – М.: „Алгоритм-Эксмо“. («Проект «Распад СССР: Тайные пружины власти» – М. «Алгоритм», 2016. Переиздание книги «Кто поставил Горбачёва?») ("Project" Collapse of the USSR: Secret Springs of Power ". Reedición do libro «Who brought Gorbachev to power?» – М.: «Алгоритм», 2016.)

Steele, Jonathan; Abraham, Eric. Andropov in Power: From Komsomol to Kremlin (HIA Book Collection, 1984), online review Ticktin, Hillel. "Andropov: Disintegration and discipline: The disintegration of the USSR under the banner of discipline. Andropov and his inheritance." Critique: Journal of Socialist Theory 16.1 (1988): 111–122.

Ligazóns externas List of Andropov documents related to Andrei Sakharov and other dissidents The KGB's 1967 Annual Report, signed by Andropov by CNN

Categoría:Políticos da Unión Soviética Categoría:Nados no krai de Stavropol Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Presidentes executivos da URSS Categoría:Presidentes do Soviet Supremo Categoría:Embaixadores da Unión Soviética en Hungría Categoría:Heroes do Traballo Socialista