Marcos Lorenzo Gallego, nado na Coruña en 1970, é un economista e antropólogo galego.

Traxectoria Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), é Diploma de Estudos Avanzados en Antropoloxía Social polo programa de Doutoramento en Antropoloxía Social da USC (1997), máster en Cooperación Internacional, xestión de ONG's e voluntariado (1999) e posgrao en xestión cultural (2006).

Fundador e director da empresa e-Burbulla S.A., foi asesor cultural do Concello de Ferrol (2007-2009),La Voz de Galicia, Ferrol, 1-11-2007, p. 16. e xerente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Coordinou proxectos europeos para a Fundación Galicia Emigración e fundou a empresa de consultaría Cidadanía S. Coop. Galega. Foi técnico en xestión cultural do Concello de Ferrol entre os anos 2020 e 2024.El Concello de Ferrol cuenta por fin con un técnico en gestión cultural: Marcos Lorenzo Gallego

É membro da sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Obras Liquidación de existencias (2005). Ourense: Artes e ideas difusora de letras. 220 paxs. ISBN 9788493389048. Vividores: Karlotti, un poema crónico (2013). Axóuxere Ed. 224 páxs. ISBN 978-84-941379-0-7. Dous escritos sobre a felicidade (2021). Ed. Embora. 144 páxs. ISBN 978-84-17824-49-5. ENSER. O que son as cousas (2022). Vigo: Galaxia. 134 páxs. ISBN 978-84-9151-919-5.

Obras públicas. (2025). Ed. Libros Lorref. 100 páxs. ISBN: 979-13-990372-0-3

Obras colectivas

A xestión cultural en Galicia (2019).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no Consello da Cultura Galega. Ficha en galegos.info Curriculum Web de Marcos Lorenzo

Categoría:Antropólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes