Carme Vidal Laxe, nada en Fornelos de Montes en 1966, é unha ensaísta e xornalista galega.

Traxectoria Estudou secundaria no IES Valle Inclán de Pontevedra. É licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi redactora no semanario A Nosa Terra e formou parte do equipo de redacción de Sermos Galiza. Tamén colabora en Nós Diario.

Formou parte Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e presentou Álbum de Mulleres. Tamén foi secretaria da plataforma Galiza Cultura.

Obras Autora de tres biografías:

Maruxa Mallo (1999). A Nosa Terra. 125 páxs. ISBN 84-89976-89-9. Syra Alonso. Diarios (2000). A Nosa Terra, Mulleres 3. Tradución Anxos García Sumai. 286 páxs. ISBN 84-95350-10-6 Mercedes Núñez. Cárcere de Ventas (2005). A Nosa Terra, Mulleres. 180 páxs. ISBN 978-8496403338.

Libros colectivos Voces de Atlántica (2005). Galaxia. Carme Vidal e David Barro conversan con varios artistas. ISBN 978-84-8288-812-5. Xornalistas con opinión. Escolma de textos (2007). Galaxia. Artigo: Mª Luz Morales, a grande dama do xornalismo. ISBN 978-84-9865-043-3.

O triángulo vermello (2024). Vigo: Xerais. 40 páxs. Con Pablo Iglesias Núñez e Belén Diz. Sobre Mercedes Núñez.

Recoñecementos

En 2014 foi premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) á mellor traxectoria no xornalismo cultural. Notas

Categoría:Nados en Fornelos de Montes

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela