María Teresa Ruiz Cantero, nada en Melilla, é unha catedrática de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Alacante e investigadora, especializada en prevención e saúde pública con perspectiva de xénero.
Traxectoria Ruiz Cantero é licenciada e doutora en Medicina e Cirurxía e máster en Saúde Pública. É tamén catedrática de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Alacante. Investigadora do Grupo de Determinantes Sociais da Saúde do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemiología e Saúde Pública (CIBERESP) desde os seus comezos en 2006.
Foi profesora en Medicina até o ano 1997 na Universidade de Alacante. En 2019 publicou Perspectiva de xénero en medicina, un monográfico que analiza os diferentes nesgos de xénero que interveñen tanto na investigación como no diagnóstico das enfermidades e o seu posterior tratamento en distintas ramas da Medicina: cardioloxía, pneumoloxía, pediatría…
Segundo a catedrática, existe discriminación nos diagnósticos e tratamentos entre homes e mulleres, hai diferenzas moi claras entre os dous sexos na atención sanitaria que evidenciou que, en xeral, hai unha maior demora na atención sanitaria ás mulleres. “Existen moitas diferenzas de xénero nos ensaios clínicos. As mulleres non están representadas”. Estas diferenzas entre mulleres e homes tamén se establecen, segundo Ruiz Cantero, na expresión, percepción e valoración da gravidade da dor.
Obras
Perspectiva de género en medicina, 2019. Mujeres y ensayos clínicos. Medicina: guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Carme Valls Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero
Ligazóns externas
Medicina: Guías para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero Entrevista en programa TV El intermedio
Categoría:Nados en Melilla Categoría:Alumnos da Universidade de Alacant Categoría:Investigación médica Categoría:Científicos de España