Denario260x260pxCabeza laureada de Italia cara á esquerda, Lenda osca retrogradada á dereita UILETIV [víteliú = Italia]Para a transcrición fonética da lingua osca ao alfabeto latino, véxase: "Old Italic alphabets". Todas as lendas monetarias oscas son retrogradadas.Soldado con casco en pé de fronte, que sostén unha lanza invertida, co pé esquerdo sobre un estandarte (romano?); touro deitado á dereita, "A" osca no exergo.Denario. Ca. 89 a.de C. Ceca de Bovianum (?). AG. 3,60 g.
A moeda da Guerra Social abrangue as emisións monetarias emitidas polos aliados itálicos da confederación mársica (marsos, pelignos, picenos, vestinos, samnitas, frentanos, marrucinos e lucanos) durante a coñecida como Guerra Social (91-88 a. de C.) contra Roma.
Inspirándose no denario romano, a súa circulación (e quizais tamén a súa cuñaxe) continuou mesmo despois de concluído o conflito, xunto cos modelos republicanos.
Emisións
Tipoloxía miniatura|144x144px|Reverso dun denario co touro itálico corneando o lobo romano. As emisións monetarias producidas durante a Guerra Social consisten principalmente en moedas de prata correspondentes ao padrón do denario romano, e atribúense aos obradoiros monetarios de Corfinium e Aesernia.
Estas moedas encádranse nos anos cruciais da revolta contra Roma (90-89 a. de C.). É probable que posteriormente se cuñasen moedas similares correspondentes ao mesmo padrón, aínda que non hai testemuños firmes que o acrediten. A súa circulación era paralela á dos denarios romanos, de igual peso e aliaxe. Ademais, algúns exemplares illados proveñen de contextos estratigráficos moito máis recentes que a insurrección contra Roma.Campana, A. (1987). Páxina 37.
Denario de prata Denario da Guerra Social260x260pxCabeza laureada de Italia cara á esquerda, Lenda latina ITALIA (é a primeira representación epigráfica do topónimo Italia).Rapaz de xeonllos ante un estandarte; oito soldados apuntan cara a el as súas espadas, Letra P osca no exergo.Denario. Ca. 90 a. de C. Ceca de Corfinium. AG. 19 mm. 4,03 g.
Algúns destes denarios representaba a Baco cunha coroa no anverso, en tanto que o reverso reproducía a escena do touro itálico corneando o lobo romano, con inscricións en lingua osca en ambas as faces.Boatwright, G. et al. (2012). The Romans From Village to Empire. Oxford University Press. Páxina 173. ISBN 978-0-19-973057-5"Type vs Specimen". Liv Mariah Yarrow.
Outra tipoloxía de denarios consiste na personificación de Italia no anverso e oito guerreiros asinando un pacto no reverso."Sear, D. (2000). Roman Coins and their Values. Nº 227". Wildwinds.com
Único esatero de ouro Na colección de moedas do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia hai tamén un exemplar único e ben conservado dun estatero de ouro cun peso de 8,43 gramos, correspondente ao padrón ático."Statere d'oro. Monetazione della Guerra Sociale ". LaMoneta.it.Conway, R. S. (1897). The Italic Dialects. Cambridge University Press. Páxina 216. A súa primeira aparición remóntase a 1827Véxase a descrición da moeda en: De Dominicis, F. (1827). Repertorio numismatico: per conoscere qualunque moneta greca tanto urbica che dei re, e la loro respettiva stima. Tomo II. Nápoles. Páxina 417, aínda que Julius Friedländer informou da súa existencia en 1830:Friedländer, J. (1850). Páxina 73.
Anverso: cabeza de Dioniso rapaz cara á dereita, con coroa de hedra. Reverso: cista mística adornada con tres coroas e unha pel de lobo (ou pantera) na parte superior, un tirso con cintas e unha lenda retrogradada osca no exergo: mi.ieíis.mi (mención a un descoñecido Minatius Iegius, Minatii f. (?)).
A autenticidade está cuestionada por parte dalgúns autores. Julius Friedländer considéraa xenuína na súa obra fundamental sobre a moeda osca,Friedländer, J. (1850). Páxinas 73-75. cun argumento baseado na perfecta precisión da lenda en comparación co escaso coñecemento do alfabeto e da lingua osca que se tiña no momento en que a peza se deu a coñecer, con anterioridade aos traballos de Klenze (1839)Klenze, C. A. C. (1839). Philologischen Abhandlungen von Clemens August Carl Klenze. Berlín. Edición póstuma a cargo de Karl Lachmann., Mommsen (1845)Mommsen, T. (1845). Oskische Studien. Berlín. e Lepsius (1841)Lepsius, K. R. (1841).. A moeda, en particular, amosa unha distinción perfecta entre o i e o í acentuado (na escrita osca, consiste na adición dunha pequena liña), unha diferenza que ninguén coñecía antes da obra de Klenze.Lepsius, K. R. (1841). Páxina 142.
Os argumentos en contra da autenticidade desta moeda proveñen de Secondina Lorenza CesanoCesano, S. L. (1955). Páxinas 35-69. e de Alberto Campana, que segue moi de preto a opinión de Cesano.Campana, A. (1987). Páxinas 135-138.
Iconografía e epigrafía miniatura|87x87px Algúns dos temas iconográficos son orixinais, en tanto que outros foron tomados da tradición monetaria romana. Con todo, mesmo neste segundo caso, eses temas adquiriron novos matices e significados. Por exemplo, as cabezas dos anversos adoitaban ser unha personificación de Italia representada como unha deusa con casco, que substituía a cabeza de Roma, e ía acompañada dunha lenda que reproduce o seu nome: ITALIA, en alfabeto latino, ou VITELIU (víteliú = Italia) en alfabeto osco (un único exemplar, na Colección De Blacas, que amosa o dobre LVITELLIU [vítelliú]).Mommsen, T.; De Blacas, L. (1865-1875). Páxina 531.Head, B. V. (1911).
As inscricións dalgunhas moedas estaban en caracteres oscos e as doutras en caracteres latinos. Con frecuencia, facían mención dos nomes dos principais líderes da revolta: Quintus Poppaedius Silo, Gaius Papius Mutilus (co título de Imperator), un descoñecido Numerius Lucius, etc.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Guerra Social (91-88 a. de C.) Moeda da Antiga Grecia Moeda da Antiga Roma
Bibliografía
Campana, A. (1987). La monetazione degli insorti italici durante la Guerra sociale (91-87 a.C.). Apparuti, Soliera. Cesano, S. L. (1955). "Di Uranio Antonino e di altre falsificazioni di monete romane più o meno note". En Rivista Italiana di Numismatica e Scienze Affini. Vol LVII. Nº 3. Società Numismatica Italiana. Páxinas 35-69. Friedländer, J. (1850). Die oskischen Münzen. Leipzig. Head, B. V. (1911). Historia Nummorum. A manual of Greek Numismatics. Oxford. 2ª wd. Páxinas 29-30. Lepsius, K. R. (1841). Inscriptiones Umbricae et Oscae quotquot adhuc repertae sunt omnes. Leipzig. Mommsen, T.; De Blacas, L. (1865-1875). Histoire de la monnaie romaine. París,
Ligazóns externas Cuñaxes republicanas romanas da Confederación Mársica (wildwinds.com)
Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas da Roma antiga Categoría:Moedas de Italia