Dolores Pérez Meirás, nada en Ferrol o 4 de decembro de 1964,Dolores Pérez en Mulleres expertas. é unha química e catedrática galega.
Traxectoria Dolores Pérez estudou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde realizou a súa licenciatura e o seu doutoramento. Posteriormente realizou unha estadía na Universidade de California en Berkeley en 1992-1993 e foi científica visitante no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1996.
Na actualidade é catedrática de química orgánica en dita Universidade.María Dolores Pérez Meirás na web da USC.
A doutora Pérez foi pioneira no descubrimento da participación de arinos intermedios de reacción de vida curta, en procesos catalizados por metais de transición. As súas investigacións actuais céntranse no descubrimento de novas reaccións de interese sintético catalizadas por complexos metálicos e na aplicación da química de arinos, de interese en electrónica orgánica.
Dolores Pérez é a directora adxunta do CiQUS dende 2014,Dolores Pérez Meirás en CiQUS, USC. e participou na posta en marcha do mesmo sendo directora comisaria durante o período 2010-2014.
Participou tamén en iniciativas que promoven a presenza das mulleres na ciencia, como en Unha enxeñeira ou científica en cada cole.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas María Dolores Pérez Meirás en USC. Dolores Pérez Meirás en CiQUS, USC. Dolores Pérez en Investigadores de la Universidad de Santiago. USC. Dolores Pérez Meirás en Linkedin.
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes