Francesc Xavier Calicó i Rebull, nado o 22 de agosto de 1907 en Barcelona e finado o 1 de xaneiro de 1983 na mesma cidade, foi un numismático catalán."Francesc Xavier Calicó i Rebull". Enciclopédia Catalana.Ripoll Perelló, E. (1983).
Traxectoria Xavier Calicó foi continuador do negocio numismático familiar establecido na Plaça del Àngel de Barcelona, xunto co seu irmán Ferran.miniatura|Establecemento numismático dos irmáns Ferrán e Xavier Calicó en BarcelonaParalelamente ao aspecto comercial, Calicó foi un activo promotor do coñecemento numismático tanto a través das súas publicacións como mediante o seu papel de organizador en varias edicións da Exposición Nacional de Numismática e do Congreso Nacional de Numismática, así como coa súa participación en diversas entidades asociativas.
Xavier Calicó foi un dos socios fundadores da Asociación Numismática Española (ANE) en 1955, entidade da que foi o seu primeiro secretario xeral e da que en 1980 foi nomeado socio de honra. Tamén foi un dos responsables da creación do órgano de expresión da ANE, a revisata Gaceta Numismática, da que foi director, así como doutras publicacións periódicas, como Numisma, en 1951.
A nivel internacional, foi tamén un dos fundadores da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (AINP), en 1951, que presidiu e da que foi nomeado presidente de honra, e presidiu tamén o primeiro Congreso Internacional de Estudo e Defensa contra as Falsificacións Monetarias (París, 1965).
Publicacións F. Xavier Calicó foi un prolífico autor de artigos numismáticos, publicados maioritariamente nas revistas Numisma (máis dun cento) e Gaceta Numismática."Calicó, F. Xavier". WorldCat Identities.Obras de Xavier Calicó". Regesta Imperii.Obras de Xavier Calicó. American Numismatic Society.
Monografías (1948). The Coinage of Spanish Provisional Government of 1868. Wichita-EEUU. (1953). Aportación a la historia monetaria de Santa Fe de Bogotá. X. & F. Calicó, Barcelona. (1966). Los florines de Aragón. X. & F. Calicó, Barcelona. (1977). Monedas españolas desde Felipe V a Isabel II: años 1700 a 1868. X. & F. Calicó, Barcelona. (1979). Monedas españolas desde 1868 a 1979. X. & F. Calicó, Barcelona. (1983). Los denarios romanos anteriores a J.C.: y su nuevo método de clasificación. X. & F. Calicó, Barcelona.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ripoll Perelló, E. (1983). "Francisco Xavier Calicó Rebull (1907-1983)". En Boletín del Museo Arqueológico Nacional. Tomo 1. Nº 2. Páxina 203.
Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Personalidades sen imaxes