Heaven Upside Down é o décimo álbum de estudio da banda estadounidense de metal industrial Marilyn Manson, publicado o 6 de outubro de 2017 a través dos selos Loma Vista Recordings e Caroline International. O disco tiña o título de traballo Say10 e inicialmente ía ser editado o día de San Valentín. Porén, o lanzamento adiouse debido a que Manson non estaba contento coa calidade do disco nesas datas, a banda tiña concertos comprometidos, e o produtor Tyler Bates tiña programados traballos con varias bandas sonoras. Posteriormente adiouse aínda máis debido á morte do pai de Manson, Hugh Warner, que morreu durante a produción do traballo e ao que a banda dedicou o álbum.
O disco conta con moitos dos músicos que participaron no anterior álbum da banda, The Pale Emperor, como Bates e Gil Sharone. Twiggy Ramírez, baixista da banda durante moitos anos, non participou nas sesións de gravación a pesar de que inicialmente Manson suxeríu que podería facelo. Twiggy deixou o grupo despois do lanzamento do álbum despois de que unha antiga moza o acusase de violación. Foi substituído nos seguintes concertos polo antigo baixista de The Mars Volta Juan Alderete.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Marilyn Manson Categoría:Álbums musicais de 2017 Categoría:Álbums de Loma Vista Recordings