Fernando Venâncio, nado en Mértola (Alentexo) o 13 de novembro de 1944 e finado na mesma vila o 30 de maio de 2025, foi un escritor, intelectual, crítico literario, e académico portugués. Tiña tamén a nacionalidade neerlandesa.

Traxectoria Fernando Venâncio pasou a súa infancia en Lisboa, completou o ensino medio na cidade de Braga. Estudou Filosofía en Vila Nova de Ourém e Teoloxía en Lisboa. En 1970 mudouse para a Holanda, onde acabou por concluír seus estudos en lingüística pola Universidade de Ámsterdam, en 1976. Dous anos despois, comezou a impartir aulas no departamento de estudos de Portugués na Universidade de Nijmegen. De 1984 a 1988 foi profesor na Universidade de Utrecht; acabou tornando á Universidade de Ámsterdam para ensinar Portugués e cultura. En 1995, Venâncio terminou seu doutoramento coa tese Estilo e preconceito. A língua literária em Portugal na época de Castilho.

É autor e colaborador regular de revistas de prestixio como o Xornal de Letras, Ler e Colóquio/Letras, traballa como crítico literario. Tamén colabora co xornal Expresso e na revista Visão. Até marzo de 2008 foi colaborador regular do blog colectivo Aspirina BAspirina B. Venâncio é un detractor do Acordo Ortográfico de 1990. É crítico co movemento reintegracionista galego, polo cal non obstante expresa certas simpatías.Mana Galiza, publicado no Expresso, (2007)"Um bom 'mergulho' no idioma: Verbos exclusivos de galego e português", artigo publicado em Portal Galego da Língua, 26/08/2015

O 1 de xullo do 2023 foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto.

Obra Um selvagem ao piano e outros contos (relatos, 1987)

Uma migalha na saia do Universo. Antologia da poesia neerlandesa do século vinte (1997, editor)

Estilo e prexuízo. A lingua literaria en Portugal na época de Castilho (tese de doutoramento, 1998; Edicións Cosmos) Os esquemas de Fradique (novela, 1999) José Saramago: a luz e o sombreado (2000) El-Rei no Porto (novela, 2001) Maquinações e bons sentimentos (2002) Objectos achados. Ensaios literários (2002) Quem inventou Marrocos: diários de viagem (2004) Último minuete em Lisboa (novela, 2008) Beijo técnico e outras histórias (relatos, 2015) Así naceu unha lingua. Sobre as orixes do portugués (2021). Edición orixinal de 2019 co título Assim nasceu uma língua, Prémio de Ensaio Jacinto do Prado Coelho 2020.

O português à descoberta do brasileiro (2022) Traducións

Um almoço de negócios em Sintra (1999; Een zakenlunch in Sintra en andere Portuguese verhalen de Gerrit Komrij)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fernando Venâncio Fernando Venâncio, in Ciberdúvidas da Lingua Portuguesa (consultado en 01-07-2020) Brief bibliography Assim(m) morreu ūa língua, Portal galego da língua, 6 de novembro de 2020.

Categoría:Críticos literarios de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1944

Categoría:Nados no distrito de Beja