Luís García Caamaño, nado en Noia e finado no mesmo concello en maio de 1929, foi un avogado, empresario e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Félix García Somoza e Blanca Caamaño Bolívar. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1907.Gaceta de Galicia, 23-10-1907, p. 2. Foi fundador e presidente da asociación Los Sports creada en 1909. Propietario da fábrica de conservas La Noyesa. Foi presidente da Juventud Maurista constituída en 1918 e dirixiu o semanario Renovación. A principios dos anos vinte marchou a Nova York desde onde enviou crónicas a El Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e El Progreso. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Noia en febreiro de 1924.La Provincia, 8-2-1924, p. 2. Finou en Noia en maio de 1929.El Ideal Gallego, 19-5-1929, p. 5.
Vida persoal Casou con Blanca Maraury Barredo en 1915.La Voz de Galicia, 11-8-1915, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Noia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Xornalistas de Noia Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Concelleiros de Noia Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en ano descoñecido
Categoría:Finados en 1929