Səbinə Yaşar qızı Əliyeva, nada en Bakú o 7 de maio de 1980, é unha xurista azerí, valedora de Azerbaidján.
Traxectoria Filla do médico e político Yaşar Əliyev e da dentista pedriática Rəna Əliyeva. Estudou dereito na Universidade Estatal de Bakú entre 1996 e 2000 e tras graduarse entrou a traballar no Tribunal Constitucional e asemade realizou estudos de posgrao en dereito público na súa alma máter. Entre 2009 e 2012 realizou estudos de relacións internacionais na Academia da Administración Pública de Azerbaidján. En 2016 doutorouse cunha tese sobre relacións internacionais e dereitos humanos. O 29 de novembro de 2019 a Asemblea Nacional elixiuna Comisionada para os Dereitos Humanos (valedora) de Azerbaidján entre os tres candidatos que presentara o presidente da República de Azerbaidján.
Notas
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Bakú Categoría:Valedores Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Bakú