James Arthur Lovell Jr., nado en Cleveland, Ohio, o 25 de marzo de 1928 e falecido o 8 de agosto de 2025, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 7, Gemini 12, Apollo 8 e Apollo 13.

Traxectoria Lovell graduouse pola Universidade de Wisconsin e a Academia Naval dos Estados Unidos en 1952, na escola de pilotos de probas de Patuxent River en 1958 e en seguridade aérea pola Universidade do Sur de California en 1961.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 7, Gemini 12, Apollo 8 e Apollo 13 e pasando un total de 29,79 días no espazo. Faleceu o 8 de agosto de 2025.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gemini 7 Gemini 12 Apollo 8 Apollo 13

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison