"Bizarre Love Triangle" é unha canión da banda inglesa de synthpop New Order, publicada como sinxelo en 1986 do seu cuarto álbum de estudio, Brotherhood. O sinxelo entrou no top 5 da lista estadounicense Hot Dance Music/Club Play Singles, e foi número 5 na australiana ARIA Charts (chegando ao 1 das listas do estado de Victoria) en marzo de 1987.

Non conseguiu entrar no top 40 nin no Reino Unido (só chegou ao número 56) nin da lista estadounidense Billboard Hot 100. Nos Estados Unidos a canción chegou ao 8 da lista Hot Dance Music/Maxi-Singles Sales, pero non entrou na Hot 100 durante o seu lanzamento orixinal de 1986. Porén, incluíuse unha nova remestura no recompilatorio The Best of New Order de 1994 e finalmente chegou a aparecer no número 98 desa lista en 1995.

Listaxe de canción

As edicións estadounidense indican "Bizarre Dub Triangle" como "I Don't Care", supostamente debido a que unha persoa da discográfica contactou co representante de New Order, Rob Gretton, para preguntarlle o nome da mestura e Gretton dixo "I don't care" (non me importa)

Notas

Categoría:Sinxelos de 1986