Cimadevila é un lugar da parroquia de Pereira, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE, en 2019 tiña 11 habitantes (3 homes e 8 mulleres). Este casarío algo disperso encóntrase dividido entre as parroquias de Castrofeito e de Pereira, aínda que o IGE contabiliza a súa propia poboación para aquela parroquia. A división entre unha e outra parroquia ven determinada pola ladeira do monte da Barreira na que se atopa, unha na bacía do río Brandelos (Pereira) e outra na bacía do rego do Amenal (Castrofeito).
O monte da Barreira de Arriba (que acada os 376 m. de altitude), no que as dúas Cimadevilas se estriban na súa cara leste, non só serve de soporte a unha parte fundamental da pista de aterraxe do aeroporto, senón tamén á malograda infraestrutura do Polígono Industrial do Pino, que se ve atravesada polo Camiño tralo seu paso por Cimadevila.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Pereira
Parroquias do Pino
Notas
Categoría:Lugares do Pino Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias