miniatura|Macho de barbantesa. Unha barbantesa (Mantis religiosa), tamén chamada barbatesa, galbana, parraguesa ou carballesa é un insecto da familia dos mántidos (Mantidae), orde Mantodea.
Adoitan ser de cor verdosa ou castaña por mor da camuflaxe, e posúen un abdome alongado que representa 2 terzos da súa lonxitude, que rolda os 6-8 cm ( ).
A femia é significativamente máis robusta có macho, o cal provoca un conflito durante a cópula, pois é frecuente que durante esta o macho sexa devorado pola femia. A raíz deste impedimento evolutivo, a especie evolucionou o seu sistema nervioso de tal modo que está descentralizado. Isto significa que a cópula prosegue aínda cando o macho está sendo devorado Granada natural.
Notas
Categoría:Mántidos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné